Voo 112 de Peruvian Airlines
Voo 112 de Peruvian Airlines | |
---|---|
![]() O avión do accidente coa librea
do seu primeiro operador | |
Resumo | |
Data | 28 de marzo de 2017 |
Causa | colapso do tren de aterraxe |
Lugar | aeroporto Francisco Carlé |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Jorge Chávez |
Destino | aeroporto Francisco Carlé |
Finados | 0 |
Feridos | 39 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-3M8 |
Operador | Peruvian Airlines |
Rexistro | OB-2036-P |
Pasaxeiros | 141 |
Tripulación | 9 |
Superviventes | 150 (todos) |
O voo 112 de Peruvian Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeirosentre Lima e Jauja no Perú. O día 28 de marzo de 2017 o avión que operaba a ruta, un Boeing 737-3M8, sufriu o colapso do tren de aterraxe despois de aterrar, incendiándose. Aínda que non houbo vítimas mortais no accidente, 39 das 150 persoas a bordo resultaron feridas.
Avión
O aparello accidentado era un Boeing 737-3M8, con número de serie 25071 e rexistro OB-2036-P. O avión voara por vez primeira en maio de 1991 con Trans European Airways, e despois de operar con varias aeroliñas foi arrendado a Peruvian Airlines en 2013.[1]
Accidente
O avión aterrou en Jauja ás 16:40 hora local (21:40 UTC). Os pasaxeiros informados de "dous fortes impactos" na aterraxe. As tres patas do tren de aterraxe colapsaron e avión esvarou ao longo da pista cara a dereita, chocando a á de estribor contra o valado perimetral do aeroporto.[2][3] Comezou entón un incendio que esnaquizou o avión. Os 141 pasaxeiros e 9 tripulantes escaparon,[2][4] dos cales 39 resultaron feridos e foron levados ao hospital. Dúas persoas tiveron ósos rotos,[5] e tres tiveron conmocións cerebrais.[3] O accidente foi gravados por varios pasaxeiros a bordo do aparello.[6]
Notas
- ↑ "OB-2036-P Peruvian Airlines Boeing 737-300". Panespotters. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Peruvian B733 at Jauja on Mar 28th 2017". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 3,0 3,1 "Comunicado a la opinión pública aeropuerto de Jauja". CORPAC. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Piloto de Peruvian admite desequilibrio en aeronave incendiada en Jauja". Portal de turismo. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Un avión de Peruvian Airlines se incendió en el aeropuerto de Jauja". RPP. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Air Disasters (2017-4-2). Inside Peruvian Airlines Flight 112 during landing accident at Francisco Carle Airport, Peru (Twitter).