Warhammer Fantasy Battle
Warhammer: The Game of Fantasy Battles (anteriomente coñecido como Warhammer Fantasy Battle, e abreviado como Warhammer, WFB ou WHFB) é un xogo de estratexia de guerra por quendas que se xoga con miniaturas e está ambientado nun mundo de fantasía épica. Foi creado por Games Workshop e é a orixe do universo de fantasía Warhammer, que ten xogos de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e merchandising.
Warhammer foi periodicamente actualizado dende a súa primeira aparición en 1983, con cambios no sistema de xogo e nos exércitos. A súa versión oficial actual, a oitava, foi lanzada o 10 de xullo de 2010.
Características
Warhammer baséase noutros mundos fantásticos, e dá a suficiente liberdade de creación aos xogadores para poder seguir expandindo este xogo estratéxico, creando novas tropas, xerais e ata exércitos e reinos. Foi orixinalmente creado como un xogo de escaramuzas a finais da década de 1970, pero lentamente, e tras numerosas edicións, converteuse nun complexísimo xogo de grandes batallas. No ano 2006 publicáronse xa sete edicións do xogo, con 14 exércitos diferentes e varias campañas mundiais.
Existe unha versión de Warhammer ambientada no futuro, chamada Warhammer 40.000. Así mesmo a compañía propietaria dos dereitos de explotación do xogo, Games Workshop, publica un xogo de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e variado merchandising ambientado no mesmo mundo de ficción. Tamén existen algúns xogos de ordenador baseados no mundo de Warhammer, como A Sombra da Rata Cornuda (1995) e a súa secuela Dark Omen (1998), ambos xogos de estratexia en tempo real. Tamén existe un xogo para ordenador de Warhammer 40.000 Dawn of War e as súas tres expansións: Dawn of War: Winter Assault, Dawn of War: Dark Crusade e Dawn of War: SoulStorm.
Material necesario
Para poder xogar necesítase o seguinte:
- Miniaturas que representen os distintos exércitos. Non é necesario que sexan de Games Workshop se non se van a usar en torneos oficiais.
- O regulamento oficial do xogo.
- Cada xogador debe levar o regulamento (denominado "libro de exército" na edición fantástica e "códex" na futurista) correspondente ao seu exército.
- Unha superficie de xogo de aproximadamente 180x120.
Estas son as medidas adecuadas para partidas de 2000 puntos ou menos
- Se se desexa, pódense utilizar distintos elementos de escenografía para dar máis realismo ás batallas, tales como árbores, outeiros, ríos, edificios...
- Dados normais de seis caras (é recomendable que sexan moitos), un dado de artillería (5,10,15,20,25), outro dado de artillería en polgadas (2,4,6,8,10...) e outro de dispersión.
- Unha cinta métrica para medir distancias.
- Persoais para calcular a área de efecto de determinadas armas, feitizos ou accións.
- Unha folla e un bolígrafo para apuntar detalles das unidades como pode ser o armamento (lista de exército).
Xeografía
O mundo de Warhammer é similar ao noso planeta e a maioría das súas masas de terra, culturas e etnias son análogas ás da Terra. Hai unha serie de correspondencias entre lugares no mundo Warhammer e o real:
- O Imperio / Alemaña ou o Sacro Imperio Romano Xermánico.
- Bretonia / Francia.
- Kislev / Rusia.
- O imperio dos Hobgoblin Khans /Mongolia.
- Ulthuan / Atlántida.
- Montañas do Fin do Mundo /Himalaia.
- Tilea / Italia.
- Estalia / España.
- Naggaroth / Norteamérica.
- Lustria / América Central e do Sur.
- Arabia /Arabia.
- Nippón / Xapón.
- Catay / China.
- Khemri / Exipto.
- Reinos Ogros / Pobos de Europa Oriental.
- Norsca / Escandinavia e os pobos viquingos.
- Albión(mencionado nos libros de Gotrek e Felix) / Irlanda, ou a illa de Gran Bretaña.
Véxase tamén
Bibliografía
- Priestley, Rick (1996b). Warhammer Rulebook. Games Workshop. ISBN 1-872372-04-X.
- Pirinen, Tuomas (1998). Warhammer Siege. Games Workshop. ISBN 1-872372-51-1.