Warner Bros. Records


Warner Bros. Records
AcrónimoWBR
Tiponegocio, compañía discográfica e subsidiária
Data de fundación19 de marzo de 1958
Data de disolución28 de maio de 2019
Fundador(es)Jack Warner
Organización matrizWarner Music Group, Warner Bros. Inc. e Warner Bros. Pictures
SedeBurbank e Nova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.warnerbrosrecords.com/
editar datos en Wikidata ]

Warner Bros. Records é un selo discográfico estadounidense. Trátase do primeiro selo do que é coñecido como o Warner Music Group, e opera como unha subsidiaria desa corporación. Mantén unha pechada relación co seu antigo parente, Warner Bros. Pictures, aínda que as dúas compañías son de propiedade independente. Rob Cavallo é o actual presidente da compañía. Warner Bros. Records foi fundada orixinalmente en 1958 como a división de gravación musical do estudio de cine Warner Bros. Pictures. Durante a meirande parte da súa existencia foi un dun grupo de etiquetas posuídas e operadas por corporacións matrices máis grandes. A secuencia de compañías que controlaban Warner Bros. e os seus selos aliados foron evolucionando a través dunha serie de complicadas fusións corporativas e adquisicións dende principios dos anos 60 ata principios dos 2000. Durante este período, Warner Bros. Records pasou de ser un selo menor da industria a ser unha das principais discográficas do mundo.

No ano 2003 estes activos musicais foron despoxados do seu entón propietario, Time Warner, e mercados por un grupo de capital privado. Esta compañía independente operaba como o Warner Music Group (WMG), antes de ser mercada por Access Industries no ano 2011. WMG é a terceira máis grande dos catro principais conglomerados musicais do mundo. Warner Bros. Records aínda é un selo activo desta compañía. Os activos editoriais do grupo inclúen os dereitos de ao redor dun millón de cancións de máis de 65.000 compositores, facendo del o meirande editor de música do mundo.

Selos afiliados

  • 1017 Brick Squad Records (2009–actualidade)
  • Trill Entertainment (dende 2009)
  • A&E Records (antigamente Mushroom Records UK) (2003–actualidade)
  • Action Theory Records (2009–actualidade)
  • Asylum Records (dende 2009)
  • A Band Apart (1997–actualidade)
  • Beluga Heights (2008–actualidade)
  • Black Wall Street Records (2004–actualidade)
  • Blacksmith Records (2005–actualidade)
  • BME Recordings (2004–actualidade)
  • Brute/Beaute Records (2005–actualidade)
  • BTNH Worldwide (2009–actualidade)
  • Collective Sounds (2011–actualidade)
  • Doghouse Records (2004–actualidade)
  • Decaydance Records (2005–actualidade)
  • Festival Mushroom Records (2005–actualidade)
  • Heiress Records (2004–actualidade)
  • Helium 3 (2006–actualidade)
  • Jet Life Recordings (2011–actualidade)
  • Machine Shop Recordings (2002–actualidade)
  • Malpaso Records (1995–actualidade; status descoñecido)
  • Maybach Music Group (2011–actualidade)
  • Loveway Records (2009–actualidade)
  • Maverick Records (1992–actualidade; status descoñecido)
  • Nonesuch Records (2004–actualidade)
  • No Limit Forever Records (2011–actualidade)
  • October's Very Own (2012–actualidade)
  • Perezcious Music (2009–actualidade)
  • Playmaker Music (2007–actualidade)
  • Public Broadcasting Service (1998–actualidade; status actual descoñecido)
  • Record Collection (2003–actualidade)
  • Reprise Records (1963–actualidade)
  • RuffNation Records (1998–actualidade; status descoñecido)
  • Sire Records (1978–1995, 2003–actualidade)
  • Teleprompt Records (2003–actualidade)
  • Thee West Entertainment (2011–actualidade)
  • Word Records (2002–actualidade)
  • Young N Charge Inc (2011–actualidade)
  • Serjical Strike Records (2007–actualidade)

Véxase tamén

Ligazóns externas