Weezer (tamén coñecido como The White Album)[1][2] é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativoWeezer, publicado o 1 de abril de 2016.[3] O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.[4]
Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.
Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".
↑"I LOVE THE USA". BMI reportoire(en inglés). BMI Work # 22661432. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.
↑"FRIEND OF A FRIEND". BMI reportoire(en inglés). BMI Work # 21201445. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.
↑"FAKE SMILES". BMI reportoire(en inglés). BMI Work # 21201516. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.