Esta é unha lista de Marcadores de licenza de imaxe na Galipedia e cada imaxe debe incluír un.
Despois de cargar a imaxe no wiki faga o seguinte:
Engada o marcador de licenza, por exemplo {PD} para unha imaxe no dominio público.
Engada canta información sexa posible coa táboa de información sobre a imaxe(se é unha fotografía: onde se tomou, quen fixo a fotografía, en que condicións, etc.).
Introduza unha ligazón á fonte da imaxe.
Se o marcador da imaxe require que se atribúa a autoría, por favor indique o autor! Teña en conta que a licenza {Cc-by-sa-4.0} require atribución.
Se unha imaxe ten que estar en varias categorías engada cantos marcadores sexan necesarios.
Lista cos marcadores de licenza de imaxe
Nesta táboa están os distintos marcadores de licenza de imaxe dispoñibles.
{CapturaPantalla|licenza=licenza_libre} - para capturas de pantalla de programas sen copyright, ou para programas realizados baixo unha licenza libre, ou para calquera outros que cumpran cos requisitos da Galipedia. Asemade debe indicarse a licenza libre coa que a imaxe está licenciada.
{ImaxeRetocada|Indicar aquí modificacións na imaxe|orix=imaxe_orixinal.extensión|editor=Usuario que fixo os retoques} - para imaxes que foron modificadas, nos parámetros indícanse as modificacións, o nome da imaxe orixinal e o usuario que fixo os cambios. Úsase conxuntamente cos marcadores de licenza.