Wilhelm Bleek
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1827 Berlín |
Morte | 17 de agosto de 1875 (48 anos) Cidade do Cabo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
Actividade | |
Campo de traballo | África austral, lingüística, filoloxía, etnoloxía, antropoloxía e Estudos Africanos (pt) |
Ocupación | antropólogo , filólogo , etnólogo , fotógrafo , lingüista , Africanist (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá e lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Dorothea Bleek (pt) |
Pai | Friedrich Bleek (pt) |
Parentes | Lucy Lloyd (pt) (cuñada) |
Wilhelm Heinrich Immanuel Bleek, nado en Berlín (daquela pertencente ao reino de Prusia) o 8 de marzo de 1827 e finado o 17 de agosto de 1875, foi un lingüista alemán. O seu traballo máis importante foi Gramática Comparativa das Linguas Surafricanas.
Traxectoria
Foi o fillo máis vello de Friedrich Bleek, profesor de teoloxía nas universidades de Berlín e de Bonn, e de Augusta Charlotte Marianne Henriette Sethe. De 1845 a 1848 estudou teoloxía en Bonn e máis tarde marchou a Berlín para estudar hebreo, onde foi estudante de Carl R. Lepsius. A súa tese de doutoramento (1851) tratou sobre a clase dos substantivos. En 1853, foi a África a estudar as linguas khoisas e as linguas bantús e comezou a escribir unha gramática do zulú. Na súa grande obra, Gramática Comparativa, estudou os prefixos dos substantivos das linguas bantú e introduciu un sistema numeral de clases que xa non se emprega hoxe en día.
Véxase tamén
Bibliografía
- Handbook of African, Australian and Polynesian Philology. (3vols.) Cape Town - Londres, (1858–63)
- A Comparative Grammar of South African Languages. Londres, Trübner & Co. (1862: Part I; 1869: Part II)
- Reynard the Fox in South Africa; or Hottentot Fables and Tales. (Chiefly translated from original manuscripts in the library of His Excellency Sir George Grey) Londres, Trübner & Co. (1864)
- Über den Ursprung der Sprache. (Herausgegeben mit einem Vorwort von Dr. Ernst Haeckel.) Weimar, H. Böhlau (1868)
- Specimens of Bushman Folklore. (por Wilhelm Bleek e Lucy Lloyd) Londres, G. Allen (1911)