Zacarías, papa
![]() (741, Santa Maria Antiqua (pt) ![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 679 ![]() Santa Severina (Imperio Bizantino) ![]() |
Morte | 15 de marzo de 752 ![]() Roma (Imperio Bizantino) ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro ![]() |
![]() | |
14 de decembro de 741 – 15 de marzo de 752 ← Gregorio III – Estevo I → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios ![]() |
Ocupación | sacerdote católico, escritor ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Consagración | Sisinnio (en) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de marzo ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Zacharias ![]() |
![]() |
San Zacarías, nado arredor do 679 en Grecia e finado o 15 de marzo de 752, foi Papa da Igrexa católica (741-752).
Traxectoria
Sábese pouco da súa vida antes de ser coroado papa. Nos seus primeiros anos de pontificado conseguiu que os longobardos (pobo xermánico que ocupou o norte da Península Itálica), devolvesen algunhas cidades á Igrexa.
Fóra da Península Itálica contribuíu a que Pipino o Breve destronara a Khilderico III, último rei merovinxio. En efecto, Pipino, Mordomo do Pazo, era o home forte que gobernaba na práctica o pobo franco, e Khilderico III o rei débil chamado a dar fin á liñaxe de Clodoveo. En tal situación, para lexitimar a súa planeada usurpación do trono, Pipino realizou ó Papa unha comprometedora consulta cargada en aparencia de inxenua busca da ortodoxa conduta: Quen debía ser o rei dos francos: o que exercía na práctica a realeza, ou quen a ostentaba nominalmente? O Papa resolveu a cuestión con este veredicto: «Quen o é de feito, séxao de dereito».
Así naceu unha forte relación de vínculos políticos e relixiosos entre o Papado e a dinastía Carolinxia, fundada por Pipino. Zacarías enviou ó arcebispo Bonifacio para que coroase a Pipino, rei dos francos, no seu nome.
A súa festividade celébrase o 5 de marzo.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |