Zara Phillips
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Zara Anne Elizabeth Phillips 15 de maio de 1981 St Mary's Hospital, Reino Unido |
| Residencia | Londres Gatcombe Park (pt) |
| Relixión | Igrexa de Inglaterra |
| Educación | Universidade de Exeter (pt) Gordonstoun Port Regis School (en) |
| Altura | 168 cm |
| Peso | 64 kg |
| Cor dos ollos | Azul |
| Cor do pelo | Louro |
| Actividade | |
| Ocupación | event rider (en) |
| Deporte | deporte ecuestre |
| Disciplina deportiva | concurso completo de equitação (pt) |
| Participou en | |
| 2012 | Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - CCE por equipes (pt) |
| Familia | |
| Familia | Casa de Windsor |
| Cónxuxe | Mike Tindall (2011–) |
| Fillos | Mia Tindall, Lena Tindall, Lucas Tindall |
| Pais | Mark Phillips |
| Irmáns | Peter Phillips Stephanie Phillips |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | zaratindall.com |
Zara Anne Elizabeth Phillips, nada o 15 de maio de 1981, é a segunda e única filla de Ana do Reino Unido e de Mark Anthony Phillips. É a neta máis vella de Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo.[1] Ela é décimo sétima na liña de sucesión ao trono.[2]
Traxectoria
Primeiros anos
Nada en 1981, Zara Phillips -igual có seu irmán, Peter, catro anos máis vello ca ela- non goza dun título real.
Seguindo os pasos da súa nai, Zara converteuse nunha amazona de elite, gañou o Eventing World Champion, o Campionato Mundial de Aquisgrán e foi votada en 2006 como Deportista do Ano na BBC.
Á parte do seu irmán Peter, Zara ten dúas irmás de pai, Felicity Tonkin e Heather Tonkin; tamén Stephanie Phillips da segunda esposa do seu pai, Sandy Pflueger.[3]
Como neta maior da raíña Isabel II do Reino Unido, leva a cabo deberes reais. Xunto á súa nai, nomeou as embarcacións do Reino Unido. Zara frecuentemente atende eventos de caridade e apoia causas como lesións de columna vertebral, caridades ecuestres e nenos.
Matrimonio e descendencia
A finais de 2010 anunciouse o compromiso de Phillips con Michael James (Mike) Tindall. A voda tivo lugar o 30 de xullo de 2011 en Canongate Kirk, Edimburgo, Escocia. O matrimonio ten dúas fillas:
- Mia Tindall (nada o 17 de xaneiro de 2014).
- Lena Tindall (nada o 18 de xuño de 2018).
- Lucas Tindall (nado o 21 de marzo de 2018)
Phillips sufriu un aborto involuntario a finais de 2016.
Notas
- ↑ "Zara Tindall, neé Phillips: Biography". Hello Magazine (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Goodey, Emma (17 de marzo de 2016). "Succession of the GB throne". The Royal Family (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Pukas, Anna (3 de agosto de 2011). "Zara Phillips and her half-sisters". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.