Áiax o Grande

Modelo:BiografíaÁiax o Grande

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἴας Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Ajax the Great (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei mítico de Salamina
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
ConflitoGuerra de Troia Editar o valor en Wikidata
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaTecmesa
Glauce
Lysidice Editar o valor en Wikidata
FillosEurysaces
 () Tecmesa
Fileu (rei de Salamina)
 () Lysidice
Aiantides
 () Glauce Editar o valor en Wikidata
PaisTelamón Editar o valor en Wikidata  e Peribeia (filha de Alcatos) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
valor descoñecidosuicide of Ajax (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Áiax levando o cadáver de Aquiles, protexido por Hermes e Atenea. Ánfora ática de figuras negras, c. 520-510 adC

Áiax I (en grego antigo Αἴας Aías, ‘da terra’) fillo de Telamón (Τελαμώνιος Telamốnios), rei de Salamina, é un lendario heroe da mitoloxía grega. Para distinguilo de Áiax, fillo de Oileo, era coñecido como Áiax o Grande, Gran Áiax ou Telamonio Áiax. Valoroso guerreiro, o máis forte despois do seu curmán Aquiles, embarcouse á mítica Guerra de Troia ó mando de doce navíos salamitos, acompañado do seu irmán Teucro. Fillos seus foron Eurísaces e Fileo, o primeiro antergo da familia ateniense dos Filaidas.

Pelexou na guerra con coraxe e destreza e suicidouse logo de tolear porque os gregos lle negaron as armas do seu querido curmán, Aquiles.

Na Ilíada de Homero é descrito como un guerreiro de gran estatura e forza colosal, teimudo e de inmenso escudo que por si mesmo é un antemural das falanxes. Non foi ferido en ningunha das batallas relatadas na Ilíada, e é o único personaxe de importancia na obra que non recibiu axuda por parte de ningún dos deuses gregos. Ó igual que Aquiles foi soterrado polo centauro Quirón. Áiax foi un dos reis máis importantes no campo de batalla, pero non tan sabio como Néstor, Idomeneo ou Menesteo, nin tan hábil como Diomedes, Odiseo ou Palamedes. Mandaba o seu exército levando unha gran hacha de guerra e un enorme escudo, acompañado sempre polo seu irmán Teucro.

Durante a guerra de Troia loitou contra Heitor en dúas ocasións. A primeira foi nun duelo que durou todo un día sen que houbese vencedor. A segunda foi durante unha incursión dos troianos no campamento dos aqueos, onde ambos pelexaron nos barcos gregos. Áiax case matou a Héctor arrebolándolle unha pedra meirande que o propio príncipe troiano. Ámbolos dous encontros tiveron lugar cando Aquiles abandonara o campo de batalla debido ó seu enfado con Agamenón.

Cando Patroclo morreu a mans de Heitor, os troianos intentaron facerse co seu corpo e alimentar con el ós cans, pero Áiax loitou contra eles protexendo o cadáver e devolvéndoo ó campamento grego e a Aquiles.

Áiax preparando o seu suicidio

Algo máis tarde na historia, cando Aquiles morre tras ser alcanzado por unha frecha de Paris, Áiax e Odiseo pelexan por recuperar o corpo do heroe grego e soterralo xunto ó do seu amigo Patroclo. Tralo funeral, ámbolos dous heroes gregos reclaman a armadura de Aquiles como recompensa polos seus esforzos. Tras unha disputa de enxeño ou talvez porque Agamenón aborrecía a casta de Éaco, Odiseo recibiu a armadura e Áiax furioso caeu ó chan exhausto. Ó erguerse, faino tolo de furia e no seu delirio confunde un rabaño de ovellas cos líderes aqueos, Odiseo e Agamenón, e matou tódolos animais. Ó espertar da súa loucura vese rodeado de sangue e decide quitarse a vida antes que vivir na vergoña e a deshonra. Para facelo utiliza a espada de Heitor, quen lla concedera como un regalo de honra tralo seu primeiro duelo (A Odisea, xi. 541).