Harpías
As harpías ("ladroas" en grego), son fillas de Electra e Taumante, e irmás de Iris. Fermosas na súa xuventude, logo trocáronse en bestas coa forma de mulleres aladas e con gadoupas (se ben tamén se as representa con pezuños). Vivían nas illas Estrófades.
As dúas harpías orixinais eran Aelo (vento tempestuoso) e Ocípete (voo rápido), pero os romanos engadiron a Celeno (a escura). As tres, violentas e crueis, representaban ós ventos e ás tempestades. A súa fame era insaciable e eran moi temidas polos navegantes.
Trala súa unión con Céfiro, deron a luz ós cabalos dos heroes Aquiles, Cástor e Pólux.
A lenda conta que Fineo, rei da Tracia, revelou certos segredos dos deuses, e Zeus, alporizado, condenouno ás illas Estrófades, cun manxar diario ó que nunca podía inca-lo dente, xa que as Harpías sempre lle roubaban a comida ou defecaban nela. Este castigo prolongouse ata a chegada de Xasón e os Argonautas, que conseguiron apresa-las Harpías. En recompensa, Fineo revelou ós guerreiros como segui-lo camiño que lles conduciría ó vélaro de ouro.
Véxase tamén
Bibliografía
- "harpía". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.