Sverri apoiouse nas forzas militares para fornecer o Estado de estruturas máis sólidas, reducindo as pretensións da Igrexa (logrou ser coroado solemnemente en Bergen. O arcebispo Eysteinn, así como o seu sucesor Eíríkr tentaron promover un dereito eclesiástico que lle asegurase ao clero unha posición xurídica máis favorábel. Mais Sverri insiste en manter o dereito tradicional. Eíríkr escapou a Dinamarca, promoveu unha revolta contra Sverri e fixo xurdir pretendentes que se lle opuxesen a Sverri (único rei en 1202).
Igor Svyatoslavich torna príncipe de Novgorod-Seversky (até 1202).
Arte e cultura
Comézase a inclinar a Torre de Pisa segundo se chega á terceira altura.
O bispo islandés Thorlákr Rúnolfsson (1178-1193), formado en París, reforma o convento de Thykkvabær e promove a moral cristiá. Cinco anos despois da súa morte será canonizado polo Althing.
Fúndase en Milán un mosteiro de cátaros para o tratamento comunitario da lá.