Tropas nubias (actual Sudán) lanzan un ataque sobre Assuán, cidade en poder dos musulmáns exipcios.
Oriente Próximo
Novembro: Inicio do goberno de Saladino (Salah al-Din al-Ayyubi) (até 1193). Depón a dinastía Fatimida do goberno de Exipto, restaura a lexitimidade dos abásidas e restaura o rito sunnita. Autoproclámase sultán de Exipto e funda a dinastía dos aiúbidas.
Europa
Comeza a conquista de Irlanda polo rei inglés Henrique II.
Estabelecemento da orde de Santiago en Portugal, séndolle concedidas as localidades de Arruda dos Vinhos e, posteriormente, Alcácer do Sal, Almada e Palmela.
Os conselleiros de al-Malik recorren aos servizos da seita dos Asasinos para se desfacer de Saladino.
A comezos de ano fracasa unha tentativa de asasinato no campamento de Saladino. Saladino fai que o califa lle outorgue o goberno de Exipto e de Siria.
Renaud de Châtillon é liberado por al-Malik, despois de quince anos de cativerio en Alepo.
Non logra chegar a Antioquía, onde reina o seu afillado Bohemundo III de Antioquía. Casa cunha nova viúva que lle outorga en dote os territorios situados ao leste do río Xordán e que inclúen as fortalezas de Kerak e Chawbak. Alíase cos Templarios e exerce unha influencia cada vez maior sobre a corte de Xerusalén. Fanático, é partidario dunha política de conquista fronte aos musulmáns.
En agosto, para vingarse, Saladino sitia Massiaf, fortaleza dos Asasinos en Siria central. Ameazado de asasinato polo "vello da montaña", Saladino levanta rapidamente o sitio. Posteriormente procurará conciliarse cos Asasinos para evitar unha nova fronte, a parte dos francos.
Esta paz consagra a autoridade papal, concedéndolle un perdón aos cismáticos. Barbarrosa abandona ao seu antipapa e recoñece a Alexandre III, se ben continúa a controlar as eleccións episcopais en Alemaña e rexeita entregarlle ao papado a herdanza de Matilde de Toscana.
Neste sínodo téntase impor unha Constitución e establecer normas precisas para solucionar o problema da sucesión real. Porén, reinícianse as desordes e Sverri, un relixioso pretendente ao trono, ponse á cabeza dun clan de proscritos, os Birkebeiner ("pernas de bidueiro"). Rexeita aceptar as decisións políticas tomadas baixao presión da Igrexa e faise proclamar rei de Noruega en Nidarós o ano seguinte.
Conflitos entre os khmer e os Chams, que saquean a capital, Angkor.
No Xapón, as más relacións entre o emperador retirado Go-Shirakawa son tan tensas que aquel tenta un golpe de estado contra o Daijō-daijin (primeiro ministro) Taira no Kiyomori.
Sverri apoiouse nas forzas militares para fornecer o Estado de estruturas máis sólidas, reducindo as pretensións da Igrexa (logrou ser coroado solemnemente en Bergen. O arcebispo Eysteinn, así como o seu sucesor Eíríkr tentaron promover un dereito eclesiástico que lle asegurase ao clero unha posición xurídica máis favorábel. Mais Sverri insiste en manter o dereito tradicional. Eíríkr escapou a Dinamarca, promoveu unha revolta contra Sverri e fixo xurdir pretendentes que se lle opuxesen a Sverri (único rei en 1202).
Igor Svyatoslavich torna príncipe de Novgorod-Seversky (até 1202).
Arte e cultura
Comézase a inclinar a Torre de Pisa segundo se chega á terceira altura.
O bispo islandés Thorlákr Rúnolfsson (1178-1193), formado en París, reforma o convento de Thykkvabær e promove a moral cristiá. Cinco anos despois da súa morte será canonizado polo Althing.
Fúndase en Milán un mosteiro de cátaros para o tratamento comunitario da lá.
Vitoria de Saladino sobre os cruzados en Merj Oyoum. O reino de Xerusalen perde a praza forte do Gué de Jacob
O reino de Xerusalen vese ameazado, após a retirada dos bizantinos de Asia Menor ao norte e polos ataques terrestres e marítimos dos aiúbidas ao sur. As peticións de axuda dirixidas a Occidente levan a Terra Santa un grupo de cabaleiros liderados por Filipe de Flandres, cruzado ineficaz, desexoso sobre todo de intervir nas querelas polo poder. O patriarca de Xerusalen e o Grande Mestre do Hospital non traen desde Europa máis que as axudas do rei de Inglaterra.