28 de xullo

<< Xullo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2024
Todos os días
27 de xullo
 
28 de xullo
 
29 de xullo

O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.

Acontecementos

  • 1794 - Guillotinan a Maximilien de Robespierre e a Louis Antoine de Saint-Just dando fin a súa etapa de goberno coñecida habitualmente coma "O Terror".
  • 1821: en Lima (Perú), o xeneral arxentino José de San Martín proclama a Independencia do Perú.
  • 1893 - Inaugúrase a Ponte de Biscaia ou Ponte de Portugalete, unha ponte con barca transbordadora que une Portugalete e Getxo, nas dúas ribeiras da ría do Nervión en Biscaia [1].
  • 1914 - Comezo da primeira guerra mundial
  • 1989 - Stephen P. Synnott e o equipo de imaxes da sonda espacial Voyager 2, descobren as lúas Despina e Galatea do planeta Neptuno, a partir de imaxes tomadas pola propia sonda; a data do descubrimento é unha especie de media, xa que no anuncio do descubrimento (feito o 2 de agosto do 1989) só se fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que a data inicial do descubrimento fora algún que outro día antes do 28 de xullo.
  • 2022- Día da Sobrecapacidade da Terra, os recursos naturais dispoñíbeis para todo o ano 2022 esgotaronse nesta data.

Nacementos

Ludwig Feuerbach.
Emiliano Iglesias.
Xia Peisu.

Mortes

Maximilien de Robespierre.

Festas e celebracións

En 2022 estableceuse o 28 de xullo como o Día da Sobrecapacidade da Terra, para denunciar que nesa data se consideran agotados os recursos naturais que se deberían ter consumido ó longo de todo o ano. Quere dicir que a humanidade, como media, necesitaría 1,75 planetas para satisfacer a súa demanda de recursos naturais[3].

Outros

  • Santoral: Santos Catarina, Celso, Nazario e Sansón.

Notas

  1. Calendario 2014 MUNCYT.
  2. "Un futuro sin hepatitis" (en castelán). Consultado o 2022-11-21. 
  3. "Día de la Sobrecapacidad de la Tierra" (en castelán). .

Os 366 días do ano