7 de agosto
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 7 de agosto é o 219º día do ano do calendario gregoriano e o 220º nos anos bisestos. Quedan 146 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 1815 - Napoleón Bonaparte é desterrado para a illa de Santa Helena.
- 1819 - coa vitoria na batalla de Boyacá, Colombia independízase do Reino de España.
- 1924 - Fundase en Lima, Perú o Club Universitario de Deportes.
- 1942 - Segunda guerra mundial: os norteamericanos desembarcan en Guadalcanal.
- 1960 - Costa do Marfil tórnase independente de Francia
- 1998 - Atentados terroristas contra as embaixadas estadounidenses en Kenya e Tanzania.
Nacementos
- 1688 - Cayetano Gil Taboada, arcebispo de Santiago de Compostela (m. 1751).
- 1862 - Emilio Tapia Rivas, xornalista e escritor galego (m. 1918).
- 1876 - Mata Hari (Margaretha Geertruida Zelle), espía (m. 1917).
- 1882 - José María Crespo Rodríguez, profesor e escritor galego (m. 1971).
- 1892 - Federico Zamora Mosquera, político e escritor galego (m. 1975).
- 1901 - Manuel Colmeiro Guimarás, pintor galego (m. 1999).
- 1916 - Manuel Fabeiro Gómez, historiador e escritor galego (m. 1992).
- 1938 - Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor galego.
- 1942 - Caetano Veloso, cantor e compositor brasileiro.
- 1946 - Luís Alonso Girgado, escritor, investigador e tradutor galego.
- 1966 - Jimmy Wales fundador da Wikipedia.
- 1975 - Charlize Theron, actriz, produtora e modelo surafricana.
Mortes
- 1848 - Jöns Jacob Berzelius, químico sueco (n. 1779).
- 1921 - Alexander Blok, poeta ruso (n. 1880).
- 1924 - Joan Salvat-Papasseit, poeta catalán (n. 1894).
- 1925 - Ricardo Mella, intelectual e activista libertario galego.
- 1941 - Rabindranath Tagore, escritor indio (n. 1861).
- 1952 - Benigno Andrade García, guerilleiro antifranquista galego (n. 1908).
- 1957 - Oliver Hardy, actor estadounidense (n. 1892).
- 1984 - Marcial Lafuente Estefanía, escritor español (n. 1903).
- 1994 - Rosa Chacel, escritora en lingua castelá (n. 1898).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: San Caetano, Santa Nadia.