Adriano Celentano
Adriano Celentano | |
---|---|
Festival de Cine de Venecia (2008) | |
Data nacemento | 6 de xaneiro de 1938 |
Nado en | Milán |
Cónxuxe | Claudia Mori |
Fillos | Rosalinda Celentano, Rosita Celentano e Giacomo Celentano |
Irmáns | Alessandro Celentano |
Ocupación | Cantante, compositor, actor, director de cine, produtor de televisión |
Xénero | Pop-Rock |
Instrumento(s) | Voz, guitarra |
Relacionado con | I Ribelli, Mina Mazzini |
Tempo en activo | 1957 - presente |
Na rede | |
http://www.clancelentano.it/index.php/it/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da segunda guerra mundial.
Traxctoria
Adriano Celentano naceu en Milán no número 14 da Via Gluck, sobre a cal en 1966 escribiu a canción "Il ragazzo della via Gluck". Os seus pais eran de Foggia (Apulia), e foran ao norte na procura de traballo.[1] Celentano iniciouse no mundo do espectáculo como imitador e cómico nos cabarets da súa cidade natal. O seu debut oficial como cantante tivo lugar en 1957 no Primeiro Festival do Rock And Roll celebrado n palacio de xeo de Milán. Estaba fortemente influenciado polo seu ídolo Elvis Presley así como pola revolución do rock da década de 1950. Coñeceu tamén o baile de moda do Hula hoop. Desde entón comezou a interpretar cancións inspiradas en xéneros tan diversos como a música soul, o tango, os valses etc.
En 1965 empezou a dedicarse tamén ao cine, como director e como actor. Foi creador dun xénero cómico, co seu andar característico e as súas expresións faciais. En boa parte as súas películas foron un éxito comercial. A crítica sinala Serafino (Pietro Germi, 1968) como o seu mellor traballo como actor. Celentano interpretou o papel dun mozo de Nápoles, que cada vez que o chamaban polo seu nome, respondía sempre cantando as estrofas de "Mamma", unha vella cantiga da súa vila natal.
Como director de cine traballou con frecuencia con Ornella Muti, Eleonora Giorgi e a súa esposa, Claudia Mori, con quen tivo tres fillos: Rosita, Giacomo e Rosalinda Celentano, que acadou sona co seu papel como o Demo no filme The Passion of the Christ de Mel Gibson (2004).
Como cantante, publicou corenta álbums: vinte e nove de estudio, tres en directo e oito compilatorios. Entre as súas cancións máis coñecidas están "La coppia piu' bella del mondo" (1967, disco de ouro)[2], "Azzurro" (1968, con letra de Paolo Conte) e "Prisencolinensinainciusol" (1972). A comezos da década de 1970 acadou o éxito con cancións como "Viola" (anos máis tarde interpretouna en formato dúo canda a Ivano Fossati), "Sotto le lenzuola" (a última canción coa que participou no Festival da Canción de Sanremo, en 1971), e "Er più", escrita por Carlo Rustichelli e que figura na banda sonora da película do mesmo nome.
Filmografía
Películas
Ano | Título | Director | Observacións |
---|---|---|---|
1959 | I ragazzi del juke-box | Lucio Fulci | |
Dai Johnny dai! (Go, Johnny, Go!) | Paul Landres e Piero Vivarelli | ||
Juke box - Urli d'amore | Mauro Morassi | ||
1960 | Urlatori alla sbarra | Lucio Fulci | |
La dolce vita | Federico Fellini | Cameo | |
Sanremo - La grande sfida | Piero Vivarelli | ||
1961 | Balliamo insieme il twist (Hey, Let's Twist) | Greg Garrison | |
1961 | Io bacio... tu baci | Piero Vivarelli | |
1963 | Il monaco di Monza | Sergio Corbucci | |
1963 | Uno strano tipo | Lucio Fulci | |
1964 | I malamondo | Paolo Cavara | |
1964 | Per un pugno di canzoni | José Luis Merino | |
1968 | La più bella coppia del mondo | Camillo Mastrocinque | |
1971 | Er più - Storia d'amore e di coltello | Sergio Corbucci | |
1972 | Bianco, rosso e... | Alberto Lattuada | |
1973 | Le cinque giornate | Dario Argento | |
L'emigrante | Pasquale Festa Campanile | ||
Rugantino | Pasquale Festa Campanile | ||
1975 | Aria, secondo episodio di Di che segno sei? | Sergio Corbucci | |
1976 | Bluff - Storia di truffe e di imbroglioni | Sergio Corbucci | |
Culastrisce nobile veneziano | Flavio Mogherini | ||
1977 | L'altra metà del cielo | Franco Rossi | |
Ecco noi per esempio... | Sergio Corbucci | ||
1978 | Zio Adolfo in arte Führer | Castellano e Pipolo | |
1979 | Mani di velluto | Castellano e Pipolo | |
Venerdì | Castellano e Pipolo | Episodio terceiro de Sabato, domenica e venerdì | |
1980 | Il bisbetico domato | Castellano e Pipolo | |
La locandiera | Paolo Cavara | ||
Qua la mano | Pasquale Festa Campanile | (episodio Il prete ballerino) | |
1981 | Asso | Castellano e Pipolo | |
Innamorato pazzo | Castellano e Pipolo | ||
1982 | Bingo Bongo | Pasquale Festa Campanile | |
Grand Hotel Excelsior | Castellano e Pipolo | ||
1983 | Segni particolari: bellissimo | Castellano e Pipolo | |
Sing Sing | Sergio Corbucci | ||
1985 | Lui è peggio di me | Enrico Oldoini | |
1986 | Il burbero | Castellano e Pipolo | |
1992 | Jackpot | Mario Orfini |
Como director
Ano | Película | Director | Observacións |
---|---|---|---|
1964 | Super Rapina a Milano | Adriano Celentano | xunto con Piero Vivarelli |
1975 | Yuppi Du | Adriano Celentano | |
1978 | Geppo il folle | Adriano Celentano | |
1985 | Joan Lui - Ma un giorno nel paese arrivo io di lunedì | Adriano Celentano |
Programas de televisión
- Adriano Clan (1964)
- Adriano Clan 2 (1965)
- C'è Celentano (1972)
- Arriva il Celebre (1977)
- Fantastico 8 (1987-1988; RAI, xunto a Heather Parisi, Renato Rascel, Marisa Laurito e Teo Teocoli)
- Svalutation (1992)
- Francamente me ne infischio (1999)
- 125 milioni di caz..te (2001)
- Rockpolitik (2005)
Discografía
Álbums de estudio
- Azzurro (1960)
- Peppermint twist (1962)
- A New Orleans (1963)
- Super (1965)
- Il ragazzo della via Gluck (1966)
- Una ragazza in un pugno (1968)
- Le robe che ha detto Adriano (1969)
- Il Forestiero (1970)
- Er Più (1971)
- Con me nel Clan (1971)
- I Mali Del Secolo (1972)
- Nostalrock (1973)
- Yuppi Du (1974)
- Bellissima (1975)
- I miei americani (1984)
- Joan Lui (1985)
- I miei americani 2 (1986)
- La pubblica ottusità (1987)
- Il re degli ingnoranti (1991)
- Quel punto (1994)
- Mondo in mi 7a (1996)
- Mina Celentano (1998)
- Io non so parlar d'amore (1999)
- Esco di rado (e parlo ancora meno) (2000)
- Il cuore, la voce (2001)
- Per sempre (2002)
- Le volte che Celentano è stato 1 (2003)
- C'è sempre un motivo (2004)
- L'indiano (sinxelo; 2005)
- La Tigre e il Molleggiato (2006)
- Dormi Amore, la situazione non e buona (2007)
- L´Animale (2008)
- Facciamo finta che sia vero (2011)
Notas
- ↑ "BIOGRAFIE: Adriano Celentano". Consultado o 19 de maio de 2009. (en alemán).
- ↑ Murrells, Joseph (1978): The Book of Golden Discs. Londres, Barrie and Jenkins Ltd. Páx. 217. ISBN 978-0-214-20512-6 (en inglés).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Discografía completa en Music City
- Filmografía