Aerodramus papuensis
Aerodramus papuensis Selangana papú | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aerodramus papuensis (Rand, 1941) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Aerodramus papuensis, coñecida vulgarmente como salangana papúa,[2][3] é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica de Nova Guinea.
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1941 polo zoólogo canadense Austin Loomer Rand,[4][5] co nome de Collocalia whiteheadi papuensis,[6] é dicir, unha subespecie de Collocalia whiteheadi.
Etimoloxías
Para a do xénero, véxase Aerodramus
O epíteto específico, papuensis, alude á rexión onde habita.
Variacións taxonómicas
Posteriormente á súa descrición foi elevada á categoría de especie e denominada Collocalia papuensis e, máis recentemente, reclasificada dentro do xénero Aerodramus[5]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polo sinónimos:[7]
- Collocalia whiteheadi papuensis Rand, 1941 (protónimo)
- Collocalia papuensis (Rand, 1941)
Subespecies
Non se coñecen subespecies.[4][5]
Características
A salangana papúa mide ao rededor de 14 cm de longo. A plumaxe das súas partes superiores é de cor parda escura, e máis clara nas inferiores. Ten tres dedos en cada pata en lugar dos catro habituais no resto das especies do xénero (fáltalle o hallux).
Costumes
É capaz de ecolocalizar pero, a diferenza das demais especies estudadas do grupo dos colocaliinos, que principalmente usan a ecolocalización cando voan no interior das covas onde descansan e se reproducen, a salangana papúa úsaa tamén no exterior pola noite. Ademais esta especie emite clics simples, non duplos como a maioría dos membros de Aerodramus.
Distribución
Encóntrase principalmente no norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte pertencente a Indonesia como na de Papúa-Nova Guinea.
Notas
- ↑ BirdLife International (2016): Aerodramus papuensis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 20 de outubro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
- ↑ 4,0 4,1 Aerodramus papuensis (Rand, 1941) no ITIS.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Ver Aerodramus papuensis na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 20 de outubro de 2019.
- ↑ Salangana papúa. Aerodramus papuensis (Rand, 1941) en AviBase.
- ↑ Aerodramus papuensis en Wikuspecies.
Véxase tamén
Bibliografía
- Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
- Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.