Alan MacDiarmid
Alan MacDiarmid | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 14 de abril de 1927 |
Lugar | Masterton, Nova Zelandia |
Falecemento | 7 de febreiro de 2007 (79 anos) |
Lugar | Drexel Hill, Pensilvania Estados Unidos |
Causa | falling from height |
Soterrado | Arlington Cemetery e Cemiterio Nacional de Arlington |
Residencia | Estados Unidos |
Nacionalidade | neozelandes/estadounidense |
Cónxuxe |
|
Actividade | |
Campo | Química |
Alma máter | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Desenvolvemento dos polímeros orgánicos. |
Premios | Premio Nobel de Química (2000) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alan Graham MacDiarmid, nado o 14 de abril de 1927 en Masterton, Nova Zelandia e finado o 7 de febreiro de 2007 en Drexel Hill, Pensilvania (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe neozelandesa galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.
Traxectoria
Doutor en Química pola Universidade de Wiscosin en 1953 e pola de Cambridge en 1955. Ese mesmo ano ingresou como profesor asociado na Universidade de Pensilvania e, en 1964 obtivo a súa praza de profesor numerario. É titular da cátedra Blanchart de Química nesa mesma universidade, cargo que ocupa desde 1988.
Tivo catro fillos do seu primeiro matrimonio con Marian, falecida en 1990. MacDiarmid casou despois con Gayl Gentile. Faleceu debido a unha síndrome mielodisplásica.
Investigacións científicas
Os seus estudos sobre os polímeros orgánicos condutores comezaron en 1975, ano en que contactou co doutor Hideki Shirakawa, do Instituto de Tecnoloxía de Toquio. Desde entón mantivo unha estreita colaboración con el, así como co doutor Alan Heeger, físico da Universidade de Pensilvania.
Nos últimos intres da súa vida os seus intereses científicos céntranse no polímero condutor máis importante desde o punto de vista tecnolóxico, a polianilina, así como nos polímeros orgánicos fotoemisores. Publicou máis de 600 artigos científicos nas máis prestixiosas revistas e é posuidor de máis de vinte patentes no campo dos polímeros orgánicos condutores, especialmente do poliacetileno e a polianilina.
Foi galardoado con numerosos premios, entre os que destacan o Premio en Materiais Químicos outorgado pola American Chemical Society (Sociedade Americana de Química (en galego)), que obtivo en 1999. No ano 2000 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento da Ciencia e as aplicacións dos polímeros orgánicos con capacidade para conducir a corrente eléctrica, premio compartido co físico estadounidense Alan J. Heeger e o químico xaponés Hideki Shirakawa.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2000 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2000 (en inglés)
Predecesor: Ahmed H. Zewail |
Premio Nobel de Química 2000 con Alan J. Heeger e Hideki Shirakawa |
Sucesor: William Standish Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless |