Michael Smith
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1932 ![]() Blackpool, Reino Unido ![]() |
Morte | 4 de outubro de 2000 ![]() Vancouver, Canadá ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade de Manchester Arnold School (en) ![]() ![]() |
Tese académica | Studies in the stereochemistry of diols and their derivatives (en) ![]() ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía molecular e Bioquímica ![]() |
Ocupación | químico, profesor universitario, bioquímico, xenetista ![]() |
Empregador | Universidade da Columbia Británica ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
Michael Smith, nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.
Traxectoria
Estudou química na Universidade de Mánchester, onde se doutorou en 1956. Aquel mesmo ano trasladouse ao Laboratorio de Har Gobind Khorana da Universidade da Columbia Británica, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Wisconsin-Madison, situada nos Estados Unidos, e finalmente volveu á Universidade da Colúmbia Británica, onde foi nomeado director do Laboratorio de Biotecnoloxía.
Investigacións científicas
Interesado na investigación científica na contorna do ADN, buscou métodos para poder recodificar o ácido desoxirribonucleico en puntos concretos, o que se coñeceu como mutaxénese dirixida, para poder variar así a composición, forma e propiedades das proteínas.
En 1993 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método para a mutación (mutáxeno) do ácido desoxirribonucleico. O premio foi compartido con Kary Mullis polo desenvolvemento da Reacción en cadea da polimerase.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1993 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1993 (en inglés)
- Michael Smith en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Michael Smith en NNDB (en inglés)
- Biografía de Michael Smith en Michael Smith Laboratories (en inglés)
Predecesor: Rudolph A. Marcus |
Premio Nobel de Química![]() 1992 con Kary Mullis |
Sucesor: George Andrew Olah |