Alexandre III de Escocia

Alexandre III de Escocia
Nacemento11 de setembro de 1241 e 4 de setembro de 1241
Lugar de nacementoRoxburgh
Falecemento26 de marzo de 1286 e 19 de marzo de 1286
Lugar de falecementoFife, Escocia
Causacaída de cabalo
SoterradoAbadia de Dunfermline
NacionalidadeReino de Escocia
Ocupaciónmonarca
PaiAlexandre II de Escocia
NaiMarie de Coucy
CónxuxeMargarida de Inglaterra e Yolande of Dreux
FillosMargarida, Princesa da Escócia, Alexander, Prince of Scotland e David of Scotland, Prince of Scotland
Na rede
WikiTree: Dunkeld-60 Find a Grave: 8414610 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexandre III, chamado o Glorioso. Nado en Roxburgh o 4 de setembro de 1241 e finado o 19 de marzo de 1286. Foi rei de Escocia desde o 6 de xullo de 1249 ata o 19 de marzo de 1286.

Reinado

Alexandre III foi o único fillo do rei Alexandre II de Escocia e a súa segunda esposa María de Coucy. Ascendeu ao trono en 1249, aos oito anos de idade por mor da morte do seu pai, sendo coroado na Abadía de Scone o 13 de xullo dese ano. Debido a súa minoría de idade, creouse un Consello de Rexencia, quen pasou a estar formado polos nobres do Reino, co que o país entrou nun período de inestabilidade.

O seu reinado supuxo para Escocia unha época de desenvolvemento económico, engrandecendo ademais o país mediante a compra a Noruega en 1266 da illa de Man e das illas Hébridas, polas que loitara sen éxito contra os noruegueses no ano 1263 na guerra escocesa-norueguesa, e en especial na batalla de Largs. Por estes territorios pagou 4000 marcos, ademais dunha renda de duración indefinida doutros 100 marcos anuais.

Finou por accidente, aos 44 anos, por mor dunha caída de cabalo cando dirixíase cara o encontro da súa esposa. Foi inhumado na Abadía de Dunfermline.

Matrimonio

O 26 de decembrode 1251 casou con Margarida de Inglaterra, filla do rei Henrique III de Inglaterra, coa que tivo tres fillos:

Dez anos despois de quedar viúvo, e non tendo herdeiro varón, casou de novo o 1 de novembro de 1285 con Iolanda de Dreux, filla de Roberto IV de Dreux.

Predecesor:
Alexandre II

Rei de Escocia

1249 - 1286
Sucesor:
Margarida I

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.