Alquézar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Huesca | ||||
Capital | Alquézar | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 338 (2024) (10,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,358757 km² | ||||
Altitude | 660 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Mariano Altemir Lascorz (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22145 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 974 | ||||
Código INE | 22024 | ||||
Sitio web | alquezar.org |
Alquézar é un concello de Aragón que está situado na comarca de Somontano de Barbastro, pertencente á provincia de Huesca.
Vila medieval
A vila de Alquézar está declarada Conxunto Histórico Artístico. O seu trazado é de orixe medieval; aínda que a maior parte da vila foi renovada a partir do século XVI, momento no que se xestou o modelo da casa tradicional de Somontano. Estas casas están construídas cos materiais propios do terreo: pedra, ladrillo e tapias.
A vila posúa unha praza maior chamada Mosén Rafael Ayerbe. Trátase dunha praza con pórticos, con arcos de medio punto e outros alintelados. Antigamente aquí vendían os seus produtos os artesáns e comerciantes da zona.
O Castelo e Colexiata Santa María A Maior
No punto de maior altitude da vila atópase o Castelo de Alquézar. A construción desta fortaleza musulmá comezou a principios do século IX por orde de Jalaf-ibn-Rasid. Este castelo deu nome a vila a través da palabra de orixe árabe "Al Qasr". Trala conquista cristiá (1067) favoreceuse a repoboación e a vila estendeuse fóra do recinto amurallado.
A Colexiata de Santa María a Maior consta de diversos elementos de grande importancia artística. O Atrio está decorado con motivos do Xénese (século XII) e está integrado dentro do claustro (século XIV). Este foi decorado con pinturas murais (ssXIV-XVIII), namentres a porta que da acceso á Capela de Santa Ana reflicte o crisol de culturas do século XVI. A capela está decorada con elementos góticos, mudéxares e renacentistas. Por último salientar o retablo maior de orixe renacentista (século XVI) e na cápela dos Lecina (Barroco, século XVII) atópase un Cristo de tamaño case natural.
Museo Etnolóxico Casa Fabián
O Museo inaugurouse en xullo de 1994. Fabián e Carlos Castillo Seas reuniron tódalas pezas que compoñen o museo, co gallo de mostrar ás xeracións actuais como era a vida dos nosos devanceiros. O museo está dentro dunha casa do século XVII (patio, cociña, alcobas, bodegas, cortellos) é fai un percorrido polas formas de vida dos habitantes da comarca de Somontano ata mediados do século XX. A peza máis salientable é un muíño medieval de aceite escavado na rocha.
Actividades económicas
A vila localízase nunha paisaxe caracterizada polos barrancos, canóns, covas, acantilados e formas morfolóxicas de relevo abrupto. Grazas a isto o sector turístico desenvolveuse e acadou peso económico. Os deportes de aventuras coma o barranquismo, a escalada ou o piragüismo e as actividades de natureza coma o sendeirismo ou a observación ornitolóxica son algúns dos atractivos de lecer que ofrece a vila.
Os atractivos culturais céntranse na arte rupestre que se pode observar nos seus diferentes estilos (paleolítico, levantino e esquemático) ó longo do coñecido Parque Cultural do Río Vero. Polos seus valores a UNESCO declarou os sitios arqueolóxicos Patrimonio Mundial e tamén foi declarado Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa.