Barbastro
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca ![]() | |||
Capital de | ||||
Capital | Barbastro ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.558 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 107,598163 km² ![]() | |||
Altitude | 341 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Antonio José Cosculluela Bergua ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 22300 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 22048 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | barbastro.org ![]() | |||
![]() |
Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15 053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.
É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, próxima ao lugar onde o río Vero se xunta co Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servizos e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.
Dista 21 km da cidade de Huesca e 67 km da Lleida.
Historia
A cidade identifícase coa antiga Bergidum ou Bergiduna, incluíaa nun principio na provincia da Hispania Citerior, e logo na Tarraconense . Foi unha importante praza forte árabe do Al-Ándalus norte, varias veces tomada e perdida polos cristiáns. En 1101, Pedro I de Aragón tomouna definitivamente. Como cidade episcopal acolleu varios sínodos diocesanos e provinciais. Nalgunha ocasión reuníronse nela as Cortes de Aragón (1134 e 1626). No 1137 casaron aquí a princesa Petronila e o conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV, acto polo que ficaron unidos Cataluña e Aragón, para formar o Reino de Aragón.
Durante a Guerra Civil, Barbastro ficou inicialmente dentro do bando republicano, producíndose asasinatos de persoas consideradas do bando oposto, como os mártires de Barbastro. Acabada a guerra, efectuouse unha dura represión de persoas de diversas tendencias republicanas por parte do franquismo.
Patrimonio monumental
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Barbastro_Kath_Turm1.jpg/170px-Barbastro_Kath_Turm1.jpg)
Por mor do seu pasado histórico, Barbastro goza dun saliente patrimonio arquitectónico, do que cómpre destacar:
- Catedral, edificio tardo gótico ergueito entre 1500 e 1533.
- Pazo Episcopal, dos séculos XVI-XVII.
- Palacio de Argensola, dos séculos XVI-XVII.
- Casa Zapatillas, do século XVIII.
- Igrexa da Santa Fe, do século XVI secolo.
- Igrexa de San Francisco, do século XVI.
- Igrexa do antigo Hospital de San Xulián, do século XVI.
- Igrexa dos Misioneiros, do século XX.
- Santuario da Virxe de Pueyo, do século XIII, sito nun outiro nas aforas da cidade.
- El Almerge, restos dunha igrexa románica da cal se conserva a ábsida e parte dun muro.
Arredores
- A 23 km está Alquézar, aldea pintoresca, sobre un penedo na beira o río Vero, coroada por un castelo árabe, oríxe do seu nome.
- A 28 km sitúase El Grado, lugar cunha notábel colexiata gótica do século XV, e cunha presa artificial de vastas proporcións.
Festas
- Festa da Natividade da Virxe, do 4 ao 8 de setembro con corridas, pasacalles e concertos.
- Festa de San Ramon, o 31 de xuño, co o Torno de fuego, no que se acenden fogueiras en todos os barrios.
- Festa del Crespillo, 25 de marzo, fanse doces en todas as casas, que en parte se regalan aos presentes.
- Festival do viño do Somontano, na primeira semana de agosto, do xoves ao domingo.
- Romaría, no Santuario de Nosa Señora do Pueyo, o luns de Pascua, con festa no campo.