Amin Maalouf

Amin Maalouf
Nome completoأمين رشدي معلوف
Nacemento25 de febreiro de 1949
Lugar de nacementoBeirut
NacionalidadeLíbano e Francia
Alma máterCollège Notre Dame de Jamhour e Universidade San Xosé
Ocupaciónxornalista, escritor, libretista, escritor de ciencia ficción, autor e novelista
NaiOdette Maalouf
CónxuxeAndrée Maalouf
IrmánsHind Maalouf
Coñecido porThe Rock of Tanios, Leo Africanus, Samarkand, As Cruzadas vistas pelos Árabes, The Gardens of Light, In the Name of Identity, A viaxe de Baldassare, The First Century after Beatrice e Ports of Call
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, officier de l'ordre national du Mérite, Comendador das Artes e as Letras, Premio Goncourt, Premis Internacionals Terenci Moix, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Prix Européen de l'Essai Charles Veillon, Grand Cordon of the National Order of the Cedar‎, Franco-Arabic Friendship Award, Prix Maison de la Presse, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Commander of the National Order of Merit, Premio Nonino, Officer of the Order of Cultural Merit, Knight First Class of the Order of the Lion of Finland, Paul Flat Prize, honorary doctorate from the American University of Beirut, honorary doctor of the Rovira i Virgili University, Grand Officer of the National Order of Merit e officier de l'ordre national du Mérite
Na rede
http://www.aminmaalouf.org
Bitraga: 787 Dialnet: 783926 Musicbrainz: 4e70f634-0bb4-4455-bbb2-caabcdd629d3 Discogs: 1230357 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Amin Maalouf, 2013.

Amin Maalouf, nado en Beirut o 25 de febreiro de 1949, é un escritor libanés. A familia materna é de tradición anglófona e católica e a paterna francófona e protestante.

Traxectoria

Amin Maalouf estudou economía, política e socioloxía e traballou no xornal An Nahar como responsábel da sección de internacional. Foi correspondente durante 12 anos e visitou máis de 60 países, especialmente Etiopía, Somalia, Bangladesh e Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. Desde 1975, cando estalou a guerra do Líbano, exilouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da revista Jeune Afrique. Actualmente dedícase só á literatura. Recibiu o premio Maison de Presse pola súa novela Samarcanda e o Goncourt por A rocha de Tanios. Dous dos seus maiores éxitos son As cruzadas vistas polos árabes e León o Africano.

Obras

Novelas

  • León o Africano (Léon l'Africain, 1986).
  • Samarcanda (Samarcande, 1988).
  • Os xardíns de luz (Les Jardins de lumière, 1991).
  • O primeiro século após Beatriz (Le Premier Siècle après Béatrice, 1992).
  • O rochedo de Tanios (Le Rocher de Tanios, Premio Goncourt 1993).
  • As escalas do Levante (Les Échelles du Levant, 1996).
  • A viaxe de Baldassare (Le Périple de Baldassare, 2000). Traducido ao galego por Xavier Queipo e María Dolores Torres París.
  • Orixes (Origines, 2004).

Ensaios

  • As identidades asasinas (Les Identités meurtrières, 1998).
  • As cruzadas vistas polos árabes (Les croisades vues par les Arabes, 1983), Premio das Maisons de la Presse.
  • A deleiba do mundo (Le Dérèglement du monde, 2009). Traducido por Maria Dolores Torres París.

Libretos de ópera

  • O amor de lonxe (L’Amour de loin, 2001 - música de Kaija Saariaho).

Prefacios

  • "Por unha educación bilingüe" ("Pour une éducation bilingue : Guide de survie à l'usage des petits européens", 1981).
  • "Sobre a adivinación, Cicerón", ("De la Divination", Cicéron, 1992).
  • "O Profeta, Khalil Gibran" ("Le Prophète", Khalil Gibran, 1993).

Véxase tamén

Ligazóns externas