Andalucía Televisión
Andalucía Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 1996 |
Propiedade de | RTVA |
Formato da imaxe | 4:3 |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | España Unión Europea |
Canle/s irmá(s) | Canal Sur TV Canal Sur 2 Canal Sur HD |
Na rede
| |
www.canalsur.es |
Andalucía Televisión é a cadea de televisión de Radio y Televisión de Andalucía que emite en Europa. Comezou as súas emisións internacionais en 1996 cando só TV3 o facía.
Difusión
Andalucía Televisión é emitida cara Europa a través do satélite Astra e Hispasat, no resto de España é retransmitido por varias operadoras de televisión por cable ou Internet. Así mesmo, a súa programación pode ser seguida en directo a través da súa páxina web.
Programación
A programación emitida por Andalucía Televisión está baseada, na súa maior parte, en programas de Canal Sur e Canal Sur 2.