Andrea del Verrocchio

Andrea del Verrocchio
Nome completoAndrea di Michele di Francesco de Cioni
Nacementoc. 1435
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento1488 e 7 de outubro de 1488
Lugar de falecementoVenecia
NacionalidadeRepública de Florencia
EtniaPobo italiano
Ocupaciónpintor, orfebre, escultor, carver, arquitecto, músico, architectural draftsperson e bronze sculptor
Coñecido porBautismo de Cristo, Tobias e o Anjo, Putto with a Dolphin, Madona com Menino, Statue of Bartolomeo Colleoni, David e Bust of a Young Woman
Na rede
Musicbrainz: e0ef7926-563b-4706-ba2b-8c7000ac8919 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrea di Michele di Francesco de Cioni, máis coñecido como Andrea del Verrocchio, nado en Florencia entre 1434 e 1437 e finado en Venecia no ano 1488, foi un escultor e pintor italiano. Foi un artista polifacético, porque ademais da escultura e a pintura, practicou a ourivaría e a música e mesmo estivo interesado nas matemáticas. O seu traballo foi influenciado polas últimas obras escultóricas de Donatello. O seu obradoiro era xa plenamente renacentista.

Traxectoria

Naceu en Florencia entre 1434 e 1437, na parroquia de Sant'Ambrogio (a súa casa natal sitúase hoxe entre a Vía dell'Agnolo e a Vía de' Macci). A súa mai, Gemma, tivo oito fillos, dos que Andrea era o quinto. O pai, Michele di Cione, era fabricante de tellas, e máis recadador de impostos. Andrea non casou nunca, mais axudou a algúns dos seus irmáns e irmás. O seu irmán Simone foi monxe en Vallombrosa e chegou a ser abade de igrexa de San Salvi. Outro irmán foi obreiro téxtil e unha das irmás casou cun barbeiro.

A fama de Andrea medrou cando foi acollido na corte dos Medici, para a cal traballou até poucos nos antes de morrer, cando decidiu marchar para Venecia, aínda que mantivo o seu obradoiro florentino. Comezou o seu traballo como ourives no taller de Giuliano Verrocchi, do que seguramente Andrea colleu o sobrenome polo que é aínda hoxe coñecido. O seu primeiro contacto coñecido coa pintura remonta ao ano 1460, cando traballou en Prato, con Fra Filippo Lippi, no coro do Duomo desa cidade.

O primeiro documento que o cita procede do ano 1452, é involúcrao nunha rifa na que resultara ferido un home polo mesmo artista.

Selección de obras

Escultura

  • Tumba de Giovanni Pietro de Medici, 1472, igrexa de San Lourenzo, Florencia;
  • David, 1476, Museo Nacional do Bargello, Florencia;
  • Giuliano de Medici,1475-78, National Gallery of Art Washington, D.C.;
  • A incredulidade de santo Tomé, 1476-83, igrexa de Orsanmichele, Florencia;
  • Monumento de Bartolomeo Colleoni, 1483-88, Campo de san Zanipolo, Venecia, citado con frecuencia só como Il Colleoni, foi acabada por Alessandro Leopardi, despois da morte de Verrocchio;

Pintura

Das súas pinturas apenas ha algunha na que non se vexa a man doutros artistas que traballaran no seu taller, como Il Perugino, Lorenzo de Credi, Leonardo da Vinci,...

  • Bautismo de Cristo, ca. 1474-75, con colaboración de Leonardo da Vinci, Galería Uffizi, Florencia;
  • Madonna con san Donato e Xoán o Bautista, con colaboración de Lorenzo de Credi, Catedral de Pistoia;
  • Madonna e Neno, ca. 1470, obra de taller, Metropolitan Museum, Nova York;
  • Tobías e o anxo, obra de taller, National Gallery, Londres.

Véxase tamén