Anegada
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Barlovento Antillas Menores Caribe ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Virxes ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Virxes Británicas - British Virgin Islands, Reino Unido ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 8,5 m 9 m ![]() | |||
Superficie | 39,32 km² ![]() | |||
A illa de Anegada é a máis setentrional das illas Virxes Británicas (IVB), sendo unha das maiores illas deste territorio. Atópase aproximadamente a 24 km ao norte de Virgin Gorda. Anegada é a única illa Virxe Británica habitada formada a partir de coral e rocha calcaria,[1] o que lle dá un carácter patelo, fronte ás outras próximas que son de orixe volcánica. Mentres as outras illas son montañosas, Anegada é plana e baixa. O seu punto máis alto só está aproximadamente a 8´5 metros sobre o nivel do mar, o que lle dá o seu nome, que é o termo castelán para "terra anegada".[2]
Con aproximadamente 38 quilómetros cadrados, Anegada é a segunda máis grande das Illas Virxes Británicas, pero tamén é a máis escasamente poboada das illas principais, cunha poboación de 285 habitantes no censo de 2010.[3] A maioría da poboación en Anegada vive na única aldea, The Settlement.
Economía
O negocio principal de Anegada é o turismo. Un día típico durante a tempada turística, a illa contará con 200 visitantes máis ou menos. A pesca comercial é tamén un negocio substancial en Anegada, sendo os pescadores locais os que proporcionan a maioría das capturas de peixe fresco e lagosta para o resto das Illas Virxes Británicas. Os seus quilómetros praia na costa sur teñen unha gran poboación de [[peixes óseos], o que converte a Anegada nun destino popular para a pesca con mosca.
Acceso
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Anegada_Palms.jpg/330px-Anegada_Palms.jpg)
O acceso á illa é a través do pequeno aeroporto de Auguste George (NGD), e tres veces á semana un transbordador e barco privado. Os voos chárter van directamente a Anegada desde Tórtola e Virgin Gorda, nas IVB, así como a San Xoán, San Tomé, Illa Antiga e Sint Maarten.[4]
Horseshoe Reef
Anegada é coñecida polos seus quilómetros de praias de area branca e o arrecife de 29 km. de longo Horseshoe Reef, a maior barreira de arrecife de coral no Caribe, e o cuarto máis grande da terra. O arrecife dificulta a navegación a Anegada. Mentres que os barcos de alugueiro navegan libremente entre a maioría das outras illas Virxes, as compañías de alugueiro a miúdo prohiben que os clientes naveguen a Anegada para evitar encallar no arrecife.
O arrecife provocou centos de naufraxios,[5] incluíndo o HMS Astraea en 1808,[6] o Donna Paula (1819), o MS Rocus (1929)[7] Como tal, antes era un importante destino mergullo. Nun esforzo para protexer o arrecife, o goberno das IVB fixo ilegal o fondeo de Horseshoe Reef.
Notas
- ↑ Arguably Saba Rock, cun hotel, tamén está habitada. A única illa de coral e calcaria no territorio é Sandy Spit.
- ↑ "Anegada, a world apart" BVI Tourist Board website. Accessed: 11 de decembro de 2014
- ↑ The BVI Beacon "Portrait of a population: 2010 Census published" pg. 4, 20 de novembro de 2014
- ↑ "More on the island of Anegada Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. BYI Tourist Borad website. Accessed: 11 de decembro de 2014
- ↑ Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks, 1500-1899". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2006. Consultado o 25 de marzo de 2006.
- ↑ Better known as the "Bone Wreck"
Véxase tamén
Ligazóns externas
- (en inglés) Mapa de Anegada
- (en inglés) Navegando para Anegada