Anserinos

Anserinos
Anserinae

Gansos domésticos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Vigors, 1825 [1]
Xéneros
Anser albifrons.
Branta ruficollis.
Cygnus melanocporyphus.

A dos anserinos (Anserinae) é unha subfamilia de aves anseriformes pertencente á familia dos anátidos, que inclúe os gansos e os cisnes.

Dúas destas destas especies, o ganso bravo (Anser anser) e o ganso cisnoide ou ganso chinés (Anser cygnoides), foron domesticados e críanse para aproveitar a súa carne, as súas plumas e o seu fígado, este último como materia prima do foie-gras de ganso.

Especies

Especies de gansos

  • Xénero Anser - gansos
  • Xénero Chen - gansos brancos (algúns autores clasifícano como subxénero de Anser).[2]
    • Chen caerulescens - ganso nival - Ártico ou subártico de Norteamérica, inverna ao sur.
    • Chen rossii - ganso de Ross - Ártico de Norteamérica, inverna ao sur.
    • Chen canagica - ganso emperador - Costas árticas do océano Pacífico, inverna a curta distancia do sur.
  • Xénero Branta - gansos
    • Branta leucopsis - ganso sangano - Ártico do océano Atlántico (costas), inverna no suroeste de Europa.
    • Branta canadensis - ganso do Canadá- Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Introducido en Europa, sobre todo no Reino Unido.
    • Branta hutchinsii - Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Habitualmente considerado como parte de Branta canadensis.
    • Branta sandvicensis - ganso de Hawai - Hawai, residente.
    • Branta hylobadistes - ganso de Hawai xigante - Habitaba en Maui, Hawai. Extinto en época prehistórica.
    • Branta bernicla - ganso de cara negra.
    • Branta ruficollis - ganso paporrubio - Ártico de Asia, inverna no sueste de Europa.
  • Xénero Cereopsis
    • Cereopsis novaehollandiae - Sueste de Australia, residente ou nómade. Distinto dos outros gansos que pertencen á subfamilia.
  • Xénero Cnemiornis - gansos de Nova Zelandia. Extintos en época prehistórica.
    • Cnemiornis calcitrans - Nova Zelandia, illa do Sur, extinguido en época prehistórica.
    • Cnemiornis gracilis - Nova Zelandia, illas do Norte, extinguido en época prehistórica.

Especies de cisnes

  • Xénero Cygnus
    • Cygnus columbianus - cisne pequeno - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia, inverna no sur.
    • Cygnus cygnus - cisne bravo - Subártico de Europa e Asia, inverna no sur.
    • Cygnus buccinator – cisne trompeteiro - Subártico de Norteamérica, inverna no sur.
    • Cygnus olor - cisne común - Europa temperada e Asia, residente.
    • Cygnus atratus - cisne negro - Australia, residente ou nómade.
    • Cygnus sumnerensis - cisne negro de Nova Zelandia - Posibelmente illas Chatham, extinto en época prehistórica; tamén considerado subespecie de Cygnus atratus (Cygnus atratus sumnerensis). En Nova Zelandia introduciuse posteriormente a especie australiana Cygnus atratus.
    • Cygnus melancoryphus - cisne de pescozo negro - Sueste de Suramérica, inverna no norte.
  • Xénero Coscoroba
    • Coscoroba coscoroba - cisne coscoroba – Sur e centro de Suramérica, inverna ao norte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carboneras, Carles (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)". En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.): Handbook of Birds of the World (Volume 1: Ostrich to Ducks): 536-629, plates 40-50. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
  • Fox, A. D. & Stroud, D. A. (2002): "Greenland White-fronted Goose". Birds of the Western Palearctic Update 4 (2): 65-88.
  • Madsen, J.; G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearchtic, Wetlands International, Wageningen.

Outros artigos

Ligazóns externas