Arenas de Iguña

Modelo:Xeografía políticaArenas de Iguña
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata
 43°11′17″N 4°02′54″O / 43.188055555556, -4.0483333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalArenas de Iguña Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.756 (2024) Editar o valor en Wikidata (20,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie86,82 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude177 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLaureano Pablo Gómez Fernández (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39450 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39004 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytoarenasdeiguna.org Editar o valor en Wikidata

Arenas de Iguña é un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria. Tiña unha poboación de 1.867 habitantes en 2007. A súa área é de 86 km².

Castros cántabros poñen de manifesto a presenza humana desde séculos nestas terras. A actividade económica principal céntrase no sector primario combinándose co secundario dos municipios industriais próximos.

Xeografía

Situado na comarca do Val do Besaya, limita polo norte con Cieza; polo oeste con Los Tojos; polo sur con Molledo e Bárcena de Pie de Concha; e poloi leste con Anievas e máis Corvera de Toranzo.

Encóntrase logo nun dos vales polos que o río Besaya conta cunha grande influencia. Este val comunícase co val de Buelna a través da garganta das Hoces del Besaya ou Mediahoz. Na paisaxe predominan as agras.

Vista panorámica desde o Pico Tordías (968 metros) en Arenas de Iguña.

Historia

Durante o Antigo Réxime Iguña foi un dos numerosos señoríos que posuían en Cantabria os Marqueses de Aguilar de Campoo, Condes de Castañeda.

Arenas de Iguña tamén foi historicamente ruta importante de comercio coa meseta.

Localidades

Os 1.882 habitantes (INE, 2006) de Arenas de Iguña distribuíanse por:

  • Arenas de Iguña (Capital), 588 hab.
  • Bostronizo, 132 hab.
  • Cohiño, 72 hab.
  • Las Fraguas, 165 hab.
  • Los Llares, 44 hab.
  • Palacio, 41 hab.
  • Pedredo, 241 hab.
  • San Cristóbal, 174 hab.
  • San Juan de Raicedo, 134 hab.
  • San Vicente de León, 54 hab.
  • Santa Águeda, 4 hab.
  • La Serna, 233 hab.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
2.414 2.499 2.225 2.607 2.729 2.812 3.041 2.763 2.599 2.374 2.041 1.897

Fonte: INE

Administración

Ramón Morais Vallés (PP) é o actual alcalde do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 704 47,22 % 5
PSOE 338 22,67 % 2
PRC 274 18,38 % 2
  • Alcalde electo: Carlos Jiménez Ordóñez (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 721 49,11 % 5
PRC 359 24,46 % 2
PSOE 354 24,11 % 2
  • Alcalde electo: Ramón Morais Vallés (PP).

Patrimonio

Destacan neste municipio os seguintes bens de interese cultural:

  • Ermida de San Román de Moroso de Bostronizo, arquitectura mozárabe, (1931) con categoría de monumento.
  • É un dos municipios con parte na zona arqueolóxica denominada "Xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas"; os outros son Corvera de Toranzo, Anievas, Molledo, San Felices de Buelna e Puente Viesgo (Decreto 70/2002, de 6 de xuño).
  • Esculturas orantes de Los Acebedos (século XVII) con categoría de Moble, (2003). Atópase no Palacio de "Los Hornillos" en Las Fraguas.

Ademais, están protexidas:

Outros lugares de interese son:

  • Palacio de los Hornillos, en Las Fraguas, arquitectura pintoresquista do século XIX.
  • Viaduto de Pedredo, Autovía Cantabria-Meseta (A-67), 930 metros de lonxitude.
Pazo de Los Hornillos

Festas

  • 16 de xullo, A Nosa Señora do Carme, Las Fraguas.
  • Variable, o corpus en Arenas de Iguña.
  • 8 de setembro, A Virxe do Camiño, Molledo de Portolín.
  • Á semana seguinte da Nosa Señora, celébrase a Virxe do Moral, en Pedredo e San Cristóbal.
  • 1 de setembro, San Vicente
  • 20 de agosto, Santa Lucía.

Véxase tamén

Ligazóns externas