Aristófanes

Aristófanes
Nacementoc. 448 a. C., c. 444 a. C., c. 450 a. C., c. 446 a. C. e c. 445 a. C.
Lugar de nacementoAtenas
Falecementoc. 386 a. C., 385 a. C. e post. 380 a. C.
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupacióncomediógrafo, dramaturgo e poeta
PaiPhilippus
FillosAraros
Coñecido porOs Acarnienses, Os aves, As nubes, As Mulheres na Assembleia, As ras, Os Cavaleiros, Lisístrata, A Paz, Pluto, As Tesmoforiantes e As Avespas
Na rede
IMDB: nm0034922 IBDB: 4223
Dialnet: 2275933 Musicbrainz: 38c84aa8-d33f-4c33-bea2-56b016581f5f Songkick: 8750464 Discogs: 706026 IMSLP: Category:Aristophanes Find a Grave: 86216058 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aristófanes (448 a.C. - 380 a.C., en grego Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego. Escribiu máis de 40 comedias pero só se conservan once completas. Traducidas á lingua galega, publicáronse Nubes e Asemblearias, nun único volume, o número 7 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.

Traxectoria

Clásicos en Galego 7. Nubes e Asemblearias.

Sonnos descoñecidos o lugar e a data do seu nacemento, mais posiblemente se educou en Atenas. Vivía no lugar de Kudathenaium. É famoso por ter escrito comedias como As aves para festas atenienses: as Grandes dionisíacas e a Lenea. En total escribiu corenta obras, once das cales chegaron ata nós, e que son os únicos exemplos superviventes da Comedia ática antiga. Moitas destas pezas tratan temas políticos. Adoitaban ser sátiras dos cidadáns máis famosos de Atenas ou a súa conduta na Guerra do Peloponeso. Foi acusado diversas veces de difamación. Unha comedia famosa, As ras, recibiu a honra insólita de ser repetida, e segundo un biógrafo posterior, foi premiada cunha coroa cívica.

Aristófanes aparece na obra O banquete de Platón, expondo unha explicación mitolóxica cómica da orixe do amor. Nubes, unha produción desastrosa que acabou nun humillante último posto nunha festa Dionisíaca, satiriza o novo ensino da sofística, tan de moda entre a aristocracia do momento; Sócrates será a vítima satirizada, aparecendo como un sofista. Lisístrata foi escrita durante a guerra con Esparta, e presenta o pacifismo de forma cómica: as mulleres de ambas as cidades deixan de ter sexo cos seus maridos ata que abandonen a loita.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas