Arquipélago Toscano
Tipo | grupo de illas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Italia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 1.018 m | ||||
Punto máis alto | Monte Capanne (pt) (1.019 m ) | ||||
Superficie | 295 km² | ||||
O Arquipélago Toscano é unha cadea de illas entre o Mar da Liguria e o Mar Tirreno, ao oeste da Toscana, Italia.
A proximidade das illas a varias cidades importantes converteunas nun lugar turístico destacado. A historia e a literatura aseguraron que a maioría da xente este familiarizada coas illas de Elba e Montecristo.
Illa | Área en km² |
Poboación 1º xan. 2016[1] |
---|---|---|
Elba | 223,5 | 32.290 |
Giglio | 21,21 | 1.442 |
Capraia | 19,30 | 415 |
Montecristo | 10,39 | 2 |
Pianosa | 10,25 | 10 |
Gorgona | 2,23 | 220 |
Giannutri | 2,60 | 10 |
Outras | 3,34 | 0 |
Total: | 292´82 | 34.389 |
Xeografía
O arquipélago toscano está situado entre a costa de Córsega e a costa Toscana e contén sete illas principais, Capraia, Elba, Giannutri, Giglio, Gorgona, Montecristo e Pianosa; todas as cales están protexidas como parte do Parque Nacional do Arcipelago Toscano. O arquipélago esténdese ata 166 km desde a illa máis setentrional de Gorgona ata o sur de Giannutri e 56 km desde a illa occidental de Capraia ata a costa toscana.
Hai varios illotes no arquipélago incluíndo:
- Cerboli (Canle de Piombino)
- Formiche di Grosseto (Grosseto)
- Isola della Cappa (Giglio)
- Isola Corbella (Elba)
- Isola di Ortano (Elba)
- Isola della Peraiola (Capraia)
- Isola di Topi (Canle de Piombino)
- Isole Gemini (Elba)
- Isolotto della Scarpa (Pianosa)
- Isolotto della Scola (Pianosa)
- Palmaiola (Canle de Piombino)
- Scoglietto di Portoferraio (Elba)
e arrecifes como:
- Faraglione del Giglio
- Formiche di Capraia (Capraia)
- Formiche della Zanca (Elba)
- Isola dei Liscoli (Elba)
- Le Scole (Giglio)
- Meloria Shoal (Livorno)
- Scoglio d'Africa (Canle de Corsica)
- Scoglio Forano (Pianosa)
- Scoglio del Gatto (Capraia)
- Scoglio della Manza (Capraia)
- Scoglio dell’Ogliera (Elba)
- Scoglio del Remaiolo (Elba)
- Scoglio della Triglia (Elba)
- Vada Shoal (Vada)
Outros illotes e arrecifes que non forman parte do arquipélago:
- Argentarola (Monte Argentario)
- Isolotto di Porto Ercole
- Isolotto dello Sparviero
- Scoglio della Focacciola
Xeoloxía
O arquipélago toscano representa unha rexión de correlación entre os sistemas de Sardeña e Córsega e a península italiana. Formado por sete illas e varios illotes e arrecifes que teñen diversa procedencia xeolóxica como magmática, sedimentaria e metamórfica. A orixe do arquipélago data do Triásico segundo o tipo de rochas.
No cuaternario o arquipélago relacionouse coas flutuacións do nivel do mar debido aos períodos glacial e interglacial. Na última glaciación o nivel do mar caeu e Elba converteuse nunha península unida ao continente e Pianosa. A glaciación de Würm foi seguida por unha fase de quecemento, e o mar subiu lentamente para alcanzar o seu nivel actual.[2]
Illas
Elba é unha illa mediterránea na Toscana, Italia a 10 km da cidade costeira de Piombino. A illa máis grande do arquipélago toscano, Elba tamén forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano e é a terceira illa máis grande de Italia, logo de Sicilia e Sardeña. Está situado no mar Tirreno, a 50 km ao leste da illa de Córsega.
Illa del Giglio é unha illa e concello italiana situada no mar Tirreno, na costa de Toscana, e forma parte da Provincia de Grosseto. A illa é unha das sete que forman o arquipélago toscano, que se atopa dentro do Parque Nacional do Arquipélago Toscano. "Giglio" significa "lirio" en italiano, e aínda que o nome parece coherente coa insignia da República de Florencia, provén de Aegilium, "Illa de cabras", unha transliteración latina da palabra grega para "cabra pequena" (Lingua grega antiga: Aigýllion, Αιγύλλιον).
Capraia é unha illa italiana, é a máis setentrional das sete illas do arquipélago toscano e a terceira máis grande logo de Elba e Giglio. É tamén unha "comuna" (concello) pertencente á Provincia de Livorno. A illa ten unha poboación duns 400 habitantes.
Montecristo é unha illa no mar Tirreno e parte do arquipélago toscano. Administrativamente pertence ao municipio de Portoferraio na provincia de Livorno, Italia. A illa ten unha superficie de 10´39 km² e ten aproximadamente 4´3 km no seu punto máis ancho. As costas son escarpadas, e teñen un perimetro de 16 km.. A illa é unha reserva natural e forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.
A pequena illa de Pianosa, cunha superficie de 10,25 km², ten un perímetro costeiro de 26 km. Forma parte do arquipélago toscano de Italia no mar Tirreno.
Gorgona é a illa máis setentrional do arquipélago toscano. Entre Córsega e Livorno, esta illa diminuta é valorada pola súa fauna, especialmente aves mariñas, e o seu illamento. Esta última calidade foi a razón da fundación dunha Abadía en Gorgona na Idade Media. Logo da súa pechadura, os terreos do mosteiro e os edificios apropiáronse en 1869, para a fundación da colonia penal agrícola de Gorgona, que está actualmente en uso.
Giannutri é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa de Toscana, Italia. É a illa máis austral do arquipélago toscano e é unha parte da comuna da Isola de Giglio na provincia de Grosseto.
Illotes
As Formiche di Grosseto ("formigas de Grosseto") é un grupo de illotes que emerxen agudamente no arquipélago toscano. Están localizados no mar aberto entre a costa do Parque Natural de Maremma e Pianosa, aproximadamente a 24 km de Porto Santo Stefano en Monte Argentario e 15,1 km de Marina di Grosseto. Forman parte da comuna de Grosseto e son unha reserva natural que forma parte dunha área de protección especial.
Palmaiola
Palmaiola é un illote situado no medio da Canle de Piombino, a 3 km de Elba e 7 km de Piombino; É parte da comune de Rio Marina.
Arrecifes
Meloria
Meloria é un arrecife rochoso, rodeado por un baixío, na costa toscana, no mar da Liguria,[3] a 5,6 km. ao noroeste de Livorno.
Scoglietto di Portoferraio
O Scoglietto di Portoferraio é un arrecife rochoso sen vexetación localizado fronte Portoferraio. É unha área mariña protexida desde 1971 e desde xaneiro de 2014 é un Sitio de Importancia Comunitaria. O arrecife ten 150 m de longo e 124 m de largo e está a 1,36 de Punta Capo Bianco e de Punta Falconaia.
Faro do Scoglietto di Portoferraio
O primeiro faro histórico construíuse en 1910, logo foi reconstruído en 1945 porque resultou destruído durante a segunda guerra mundial. O faro é unha torre de pedra cadrada coa torre cilíndrica de pedra colocada nunha esquina. Ten un balcón e a lanterna está a 24 metros sobre o nivel do mar. Está completamente automatizado e operado por Marina Militar identificado polo número de código 2068 E.F. O faro é alimentado por unha unidade de enerxía solar e emite un grupo de dous flases brancos alternando nun período de seis segundos visible ata 9,3 km.[4]
Scoglio d'Africa
O Scoglio d'Africa[5], tamén chamada Formica di Monte Cristo ("formiga de Monte Cristo"), é un pequeno arrecife solitario pertencente ao arquipélago toscano situado en mar aberto entre o mar Tirreno e a canle de Córsega. Está situado a 18,5 km ao oeste da illa de Montecristo, 23,5 km ao sur da illa de Pianosa e a 43,1 km ao leste de Córsega. Administrativamente pertence ao concello de Campo nell'Elba. Tamén forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.
Galería
-
L'Enfola, illa de Elba
-
Praia de Scaglieri, illa de Elba
-
Cala Giovanna, illa Pianosa
-
Capraia vila principal, illa de Capraia
-
Casa de Napoleón I en Portoferraio.
-
Praia de Cannelle, illa Giglio
-
Costa de Giannutri
-
A vila de Gorgona vista desde o porto
-
Palazzo della Specola, illa Pianosa
-
Villa di San Martino, Portoferraio
-
O característico burgo de Capoliveri
Notas
- ↑ Istat Arquivado 26 de xuño de 2017 en Wayback Machine. Consultado o 29 de marzo de 2017
- ↑ "Archipelago Toscano national Park". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 06 de maio de 2017.
- ↑ Mar Ligure Marina Militare
- ↑ Scoglietto di Portoferraio lighthouse Marina Militare
- ↑ Scoglio d'Africa Marina Militare