Arteria radial
A arteria radial é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha rama da arteria umeral.
Traxecto e relacións
Percorre a zona lateral do antebrazo. Na zona proximal vai por debaixo do músculo braquiorradial, para despois pasar por fóra do nervio radial e finalmente por dentro do tendón do músculo braquiorradial. Posteriormente entra no pulso pola zona lateral, dirixíndose cara ás bases dos metacarpianos I e II. Xa na man, as diversas ramas colaterais alimentan o dedo polgar e a cara lateral do dedo índice.
No antebrazo, a arteria radial dá lugar a tres ramas:
- Arteria recorrente radial.
- Unha pequena rama palmar para o carpo, que fai as achegas aos ósos e articulacións do pulso.
- A rama palmar superficial, que entra na man atravesando os músculos da eminencia tenar na base do polgar e se anastomosa co arco palmar arterial derivado da arteria cubital.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.