Baía de Cádiz

Vista aérea da baía.

A Baía de Cádiz é o entrante que o Océano Atlántico fai na costa xunto á cidade de Cádiz. Os municipios cuxos termos delimitan o arco da baía son Rota, El Puerto de Santa María, Puerto Real, San Fernando e Cádiz. Nela desembocan o río Guadalete, o Iro e o río Salado de Rota. Por ela discorren o caño de Sancti Petri e o río San Pedro, ademais de presentar grandes extensións de marismas e lagoas. Gran parte da baía está protexida baixo a figura xurídica do Parque Natural da Baía de Cádiz.

Véxase tamén

Ligazóns externas