El Puerto de Santa María
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 89.813 (2023) (564,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 159 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Enrique Moresco (en) David de la Encina Ortega (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11027 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | elpuertodesantamaria.es | ||||
El Puerto de Santa María é un concello español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía.
Xeografía
Sitúase sobre a ribeira e desembocadura do río Guadalete. A poboación do concello no ano 2006 era de 83.101 habitantes. A súa extensión é de 159 km² e ten unha densidade de poboación de 522,6 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 6 m e a 21 km da capital de provincia, Cádiz.
El Puerto de Santa María sitúase na costa gaditana, no interior da baía de Cádiz, e ao sur da Serra de San Cristóbal; veciño aos municipios de Sanlúcar de Barrameda (estrada A-2002), Xerez da Fronteira, Rota, Puerto Real, e Cádiz por medio da baía. Conta cuns 22 km de costa. El Puerto de Santa María caracterízase polo seu atractivo turístico principal, a praia, e conta cuns 16 km de areal, todos de area fina, e con máis de 3 200 horas de sol ao ano. Dos areais son importantes Fuenterrabía, Santa Catalina (Los Curas, Las Redes, Vistahermosa-El Buceador), Valdelagrana, La Puntilla-La Colorá), La Calita, El Aculadero, a de Levante (onde está unha área naturista) e La Muralla. Unha extensión importante do solo do termo municipal pertence ao Parque Natural Baía de Cádiz.