Balcanización
Balcanización é un termo xeopolítico usado orixinariamente para describir o proceso de fragmentación ou división dunha rexión ou estado en partes ou estados máis pequenos que son, polo xeral, mutuamente hostís e non cooperan entre si.[1] O termo xurdiu a raíz dos conflitos na península Balcánica ocorridos durante o século XX.
A primeira balcanización deuse nas guerras dos Balcáns (1913) e o termo reafirmouse nas guerras iugoslavas dos anos 1990.
Por extensión, o termo "balcanización" usouse tamén para describir os procesos de división de certas culturas en identidades separadas, tales como os ocorridos a finais do século XX, moitos con orixes en movementos nacionalistas.
O termo úsase tamén para describir outras formas de desintegración, incluíndo, por exemplo, a subdivisión de Internet en enclaves separados,[2] e a ruptura de acordos de cooperación debido ao xurdimento de entidades competidoras enfrascadas en loitas do tipo beggar-my-neighbor (amolar ao veciño).
"Balcanización" úsase algunhas veces para referise á diverxencia, que ocorre no tempo, dos idiomas, as linguaxes de programación e os formatos de arquivos de datos (en particular do XML).
Os grandes países de Europa adoitan seren o resultado da Unión de varias rexións históricas ou países antes indepedentes, e ás veces enfróntanse ao problema da balcanización. A Península Ibérica, especialmente España, desde a época de Al-Ándalus fixo esforzos para evitar a balcanización, pero nos últimos anos reverdeceron vellos problemas como os independentismos vasco e catalán.[3]
En xaneiro de 2007, en relación co crecente apoio á independencia de Escocia, o primeiro ministro do Reino Unido naqueles días, Gordon Brown falou dunha "balcanización de Gran Bretaña".[4]
O 10 de xaneiro de 2012, o goberno de Escocia, presidido por Alex Salmond, propuxo un referéndum para decidir a independencia daquela nación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que se celebraría en 2014.[5][6] O primeiro ministro británico, Davis Cameron, aínda que opositor á medida, declarou que buscará legalizar esta consulta ante o Parlamento Británico e que se fixera o antes posíbeol para evitar danar a economía.[7][8]
A medida remóntase a 2009 e provén do Scottish National Party (Partido Nacionalista Escocés), cuxo principal obxectivo é a independencia escocesa, e a medida logrou a aprobación por parte do parlamento escocés e da coroa británica.
Non hai precedentes dun referendo sobre a independencia Escocia. En 1979 celebrouse un para restablecer a Asemblea Lexislativa de Escocia despois da súa suspensión en 1707, que non prosperou, pero si resultou favorábel nunha nova consulta realizada en 1997, o que condciu á recuperación do Parlamento de Escocia.
Tamén existen movementos de independencia dentro da Gran Bretaña en Gales e Cornualla.
Igualmente en Italia. En setembro de 2009 o principal aliado de Silvio Berlusconi e líder do partido secesionista Liga Norte, Umberto Bossi, reivindicou o dereito á independencia da Padania, zona que agrupa ás principais rexións do norte do país.
"Sabemos que un día a Padania será un Estado libre, independente, soberano!"
exclamou Bossi na festa dos pobos padanos que tivo lugar na cidade de Venecia.[9]
E a idea continúa. Dereita, centro e esquerda aceptaron case sen reparos a formación do Goberno de Mario Monti tras a dimisión de Silvio Berlusconi o 13 de novembro de 2011, porque era "unha oportunidade de ouro para encargar aos tecnócratas os recurtes que os políticos non se atreveran a facer", imnoposta pola UE. Pero a Liga Norte de Bossi converteuse no único partido na oposición, negándose a aceptar a imposición dun Executivo non electo, e non porque tivera unha iluminación democrática, senón porque era unha ocasión histórica para pechar as gretas que abrira no seu grupo o apoio cego a Il Cavaliere, e para distanciarse aínda máis da política centralista de Roma.
O 4 de novembro Bossi decretou a reapertura oficial do Parlamento de Padania, unha cámara simbólica coa que os independentistas desafían periodicamente ao Estado, desde 1997, reclamando a secesión de Italia das rexións do norte (Piemonte, Lombardía, Véneto, Liguria, Friúl-Venecia Xulia e parte de Emilia Romagna).[10]
Notas
- ↑ balcanización s.f. "Proceso de fragmentación dun estado ou territorio en estados máis pequenos". Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, 2009.
- ↑ New IAB chair fears Internet 'balkanization' Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Network World
- ↑ Catalonia steps up to challenge Spain The New York Times, 29/9/2005. (en inglés) Consultada o 28/2/2012.
- ↑ UK's existence is at risk - Brown BBC News, 13/1/2007. (en inglés) Consultada o 18/2/2012.
- ↑ Salmond desafia Cameron i anuncia el referèndum d'independència d'Escòcia per a la tardor del 2014 Diario Ara, 10/1/2012. (en catalán) Consultada o 28/2/2012.
- ↑ Salmond manté que el referèndum per la independència d'Escòcia es farà el 2014 324.cat, 10/1/2012 (en catalán) Consultada o 28/2/2012.
- ↑ El govern britànic dóna 18 mesos a Escòcia per celebrar el referèndum d'independència Diario Ara, 9/1/2012. (en catalán) Consultada o 28/1/2012.
- ↑ Moitos comentaristas opinaron que, máis que a economía, o que Cameron pretendía era que se fixera canrto antes, dado que, segundo as enquisas, daría un resultado favorábel á permanencia no Reino Unido.
- ↑ Umberto Bossi reivindica independencia del Norte de Italia Arquivado 24 de decembro de 2011 en Wayback Machine. El Economista, 14/9/2009. (en castelán) Consultada o 28/2/2012.
- ↑ La Liga Norte desafía a Roma y reactiva la lucha por la secesión de Italia Diario Público, 5/12/2011. (en castelán) Consultada o 28/2/2012.
Véxase tamén
Outros artigos
- Balcáns
- Disolución de Iugoslavia
- Guerras balcánicas
- Guerras iugoslavas
- Independentismo escocés
- Partido Nacional Escocés
Ligazóns externas
- Escocia celebraría un referéndum en el 2014 en busca en la independencia Wikinoticias, 11/1/2012. (en castelán) Consultada o 28/2/2012.
- Lega Nord Arquivado 05 de decembro de 1998 en Wayback Machine. Web oficial da Liga Norte. (en italiano) Consultda o 28/2/2012.