Bandeira de Baxkortostán
Bandeira de Baxkortostán | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 25 de febreiro de 1992[1] 12 de febreiro de 2003 (proporción modificada)[2] |
Cores | Azul Branco Verde Amarelo |
A bandeira da República de Baxkortostán[3] (en baxkir: Башҡортостан Республикаһы флагы, Bashqortostan Respublikahy flagy)[4] é un dos símbolos oficiais da República de Baxkortostán, xunto co seu escudo de armas e o himno nacional de Baxkortostán. A bandeira ten tres franxas horizontais. De arriba abaixo, as raias son de cor verde, branca e azul verdoso. A bandeira úsase oficialmente como bandeira da República de Baxkortostán dende o 25 de febreiro de 1992. A franxa branca da bandeira está cargada cunha flor de Kurai no centro.
A primeira entidade nacional que representaba ao pobo baxkir foi o estado de Bashkurdistán. O estado usou unha bandeira similar á bandeira actual de Baxkortostán. A bandeira era tricolor composta por azul, verde e branco. Despois da asimilación de Bashkurdistán á Unión Soviética en 1919, Bashkurdistán foi absorbido pola URSS como unha república autónoma. A República Soviética de Bashkir usou unha bandeira similar a todas as repúblicas autónomas: unha bandeira vermella coa inscrición do nome da nación.
Notas
- ↑ Law of the Supreme Soviet of the Bashkir ASSR of 25.02.1992 № VS-10/17.
- ↑ Law of the Republic of Bashkortostan on 12.02.2003 № 466-Z "On Amendments to the Law of the Republic of Bashkortostan "On State Symbols of the Republic of Bashkortostan"".
- ↑ González González, Manuel (ed.). "Baxkir". Tergal. Consultado o 26/12/2024.
- ↑ transliteration.eki.ee (ed.). "Bashkir 1/2. Bashkir Cyrillic script" (PDF). Consultado o 21 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
Bibliografía
- Kutushev, Rais Raximʹjanovic; Baykov, Ilgiz Fathullovich (2011). "1". А. А. Валидов — организатор автономии Башкортостана. У истоков федерализма в России (1917—1920). Документы и материалы. [A. A. Validov - the organizer of the autonomy of Bashkortostan. At the origins of federalism in Russia (1917-1920). Documents and materials.] (en ruso). Ufa: Kitap. ISBN 5-295-03702-9.
- Bugangulova, Y.; Galeeva, A.M.; Sayranov, Y.R. (2005). К истории государственной символики Башкортостана [On the history of the state symbols of Bashkortostan] (en ruso). Ufa: Kitap.
- Aznagulov, B.G.; Khamitova, Z.G. (2005). Парламентаризм в башкортостане [Parliamentarism in Bashkortostan] (PDF). gsrb.ru (en ruso) (Ufa: Baskhortostan Publishing House). ISBN 5-8258-0204-5. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- Central Executive Committee of the Baskhir ASSR (1937). Lyuterskiy, K., ed. Конституция (Основной Закон) Башкирской Автономной Советской Социалистической Республики [Constitution of the Baskhir Autonomous Soviet Socialist Republic]. naukaprava.ru (en ruso) (Ufa: Oktyabr'skiy Natisk). Consultado o 1 de novembro de 2018.
- Supreme Soviet of the Baskhir ASSR (1961). Конституция (Основной Закон) Башкирской Автономной Советской Социалистической Республики [Constitution of the Baskhir Autonomous Soviet Socialist Republic]. naukaprava.ru (en ruso) (Ufa: Bashkirgosizdat). Consultado o 1 de novembro de 2018.
Ligazóns externas
- Bandeira de Baxkortostán en Flags of the World (en inglés)
- Russian Centre of Vexillology and Heraldry (25 de maio de 2015). "Республика Башкортостан". heraldicum.ru. Consultado o 29 de abril de 2019.