Verde
A ilustración mostra a cor verde e algúns tons.
O verde é unha cor localizada aproximadamente na faixa de frecuencia 550 nm do espectro de cores visíbeis. É unha cor-luz primaria e unha cor-pigmento secundaria composta polo ciano e o amarelo .
O prefixo grego para verde é Chloro- , como por exemplo en clorofila .
Simbolismo do verde
O verde é a cor símbolo do islam .
Verde tamén representa a loita no mundo de movementos de protección ao ambiente .
Nun semáforo , a cor verde representa "siga en fronte" ou "pasaxe libre".
O verde tamén é a cor que representa o Movemento Esperantista .
Expresións co nome "verde"
Usado tamén como o antónimo de "maduro", como en: "a banana aínda está verde."
Asociado coa envexa , como en "verde de envexa".
Coordenadas aproximadas da cor
Triplete hexadecimal
#008000
RGB (r, g, b)
(0, 128, 0)
CMYK (c, m, y, k)
(100, 0, 100, 50)
HSV (h, s, v)
(120, 100, 100)
Tons de verde
Unha esmeralda verde.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos
The article is a derivative under the Creative Commons Attribution-ShareAlike License .
A link to the original article can be found here and attribution parties here
By using this site, you agree to the Terms of Use . Gpedia ® is a registered trademark of the Cyberajah Pty Ltd