Bandeira de Azawad
| Bandeira de Azawad | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 6 de abril de 2012 |
| Cores | Verde Vermello Negro Amarelo |
A bandeira de Azawad, un estado non recoñecido que declarou a súa independencia de Malí o 6 de abril de 2012, componse de 3 franxas horizontais de cor verde, vermella e negra, cun triángulo amarelo pegado ó mastro. É a mesma bandeira que a do Movemento Nacional de Liberación de Azawad.
O deseño baséase na bandeira de Palestina coas cores panafricanas.[1]
Durante as anteriores rebelións tuareg, propuxéronse dúas bandeiras distintas para Azawad. Unha delas era horizontal bicolor azul e branco cun triángulo vermello, e a outra era unha bandeira branca lisa coa lúa crecente e estrela azuis.[2]
Outras bandeiras
-
Bandeira da República Tumoujgha, autoproclamada en 2007 por unha facción da revolta tuareg.
-
Bandeira proposta para Azawad polo Tuareg Liberation Front.
-
Bandeira proposta para Azawad.
Notas
- ↑ sahelsounds (8 de febreiro de 2012). "#occupyazawad" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2012.
- ↑