Beja
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Beja | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Albernoa e Trindade (pt) Baleizão (pt) Beja (Salvador e Santa Maria da Feira) (pt) Beja (Santiago Maior e São João Baptista) (pt) Beringel (pt) Cabeça Gorda (pt) Nossa Senhora das Neves (pt) Salvada e Quintos (pt) Santa Clara de Louredo (pt) Santa Vitória e Mombeja (pt) São Matias (pt) Trigaches e São Brissos (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 35.854 (2011) (31,27 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.146,44 km² | |||
Altitude | 243 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7800 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-beja.pt |
Beja é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Beja, na rexión do Alentejo, subrexión do Baixo Alentejo e pertencente á NUTS III Baixo Alentejo, que conta cerca de 23 500 habitantes. É tamén sede da diocese de Beja
É centro dun dos máis extensos municipios de Portugal, con 1140,21 km² de área e 35 762 habitantes (2001). Está subdividido en 18 freguesías. O municipio limita polo norte cos concellos de Cuba e Vidigueira, polo leste con Serpa, ao sur con Mértola e Castro Verde e ao oeste con Aljustrel e Ferreira do Alentexo.
Historia
Crese que a cidade foi fundada cara ao 400 a. C. polo pobo dos Conios, que a denominarían Conistorgis. As primeiras referencias á esta cidade aparecen no s. II a. C., en textos de Polibio e de Tolomeo.
Co nome alterado de Pax Iulia, foi sede dun convento xurídico (circunscrición xurídica), o conventus pacensis, pouco despois da súa fundación. Gozou de dereito itálico. A súa importancia é atestada polo feito pasar por ela unha das vías romanas.
No século V, os suevos apoderáronse da cidade, sucedéndoos os visigodos. Nesta altura pasa a cidade a denominarse Paca.
Entre os século VIII ao ano de 1162, foi posesión dos musulmáns. A caída do Califato de Córdoba en 1031, posibilitou que Beja se convertese en capital dun reino taifa. En 1144, o gobernador de Beja, Sidray ibn Wazir, apoiou a rebelión dos muridun (discípulos), conducidos por Abul-Qasim Ahmad ibn al-Husayn al-Quasi, que levantaron o Algarve contra o poder de Sevilla. No 1150, a cidade foi tomada polos almohades, anexionándoa ao seu imperio norteafricano. Fernão Gonçalves tomou a cidade para os cristiáns, conducindo as tropas do rei Afonso I, mais en 1175 a cidade volveu ser tomada polos almohades, estando en poder musulmán até 1234, data na que o rei Sancho II tomouna para os cristiáns definitivamente.
Recibiu o foral en 1524 e foi elevada a rango oficial de cidade en 1521, durante o reinado de Manuel I. Durante as guerra de Restauración portuguesa (1640-1667), foi ocupada por tropas portuguesas e españolas.
En 1770, Beja conseguiu ser sede dun bispado, logo de varios centos de anos. En 1808, as tropas napoleónicas, ao mando de Junot, saquearon a cidade e masacraron os seus habitantes.
Monumentos
Monumentos notábeis do centro histórico son:
- O castelo, sito na parte alta da cidade, que está rodeado de murallas romanas.
- A torre da homenaxe, de 40 m de altura, obra de fins do século XIII. Desde o alto dela pódese ver un vasto panorama das "serras" fonteirizas con España e da grande chaira alentexana. No patio pódese visitar un pequeno "museo militar".
- A catedral de Santiago, acaroada a un flanco da torre da homenaxe.
- A igrexa de santo Amaro acolle na actualidade un museo epigráfico e lapidario. É un dos raros monumentos de arte proto-románica en Portugal.
- O convento de Nossa Senhora de Conceiçao, fundado en 1467, emparéntase estilisticamente coa grande igrexa de Batalha; hospeda hoxe o Museo da Raíña dona Leonor, e unha igrexa barroca.
- A igrexa da Misericordia, de 1550.
- Pelouriño de Beja, un dos pelouriños, ou rollos, de maior cualidade artística de Portugal, que data de inicios do século XVI.
Subdivisións administrativas (freguesías)
- Albernoa
- Baleizão
- Beringel
- Cabeça Gorda
- Mombeja
- Nossa Senhora das Neves
- Quintos
- Salvada
- Salvador
- Santa Clara de Louredo
- Santa Maria da Feira
- Santa Vitória
- Santiago Maior
- São Brissos
- São João Baptista
- São Matias
- Trigaches
- Trindade