Burgas
Бургас (bg) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Bulgaria | ||||
Província da Bulgária (pt) | Burgas (pt) | ||||
Municípios da Bulgária (pt) | Burgas Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 210.136 (2024) (828,47 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 253,644 km² | ||||
Bañado por | Mar Negro, Lake Mandrensko (en) , Lake Burgas (en) e Lake Atanasovsko (en) | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Dimitar Nikolov (en) (2007–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8000–8002, 8005, 8014–8019, 8125, 8008–8012 e 8127 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 56 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | San Francisco Sarıyer Yantai (pt) Oblast de Moscovo (pt) Distrito administrativo do sudoeste (pt) Yalova (pt) Alexandrópolis (pt) Poti (pt) Aksaray (pt) Miskolc Omsk Krasnodar (1974–) Rotterdam (1976–) Homieĺ (1998–) Rijeka (2008–) Batumi (2009–) Vologda (pt) (2012–) Brașov (2013–) | ||||
Páxina web | burgas.bg… |
Burgas (en búlgaro: Бургас) é unha cidade de Bulgaria, a segunda en tamaño en toda a costa do mar Negro. É tamén a cuarta en poboación do país, despois de Sofía, Plovdiv e Varna. É a capital da provincia de Burgas e do concello de Burgas e un centro turístico e industrial. Os lagos de Burgas atópanse arredor da cidade. Atópase no leste de Bulgaria e é a capital da provincia máis grande do país, cos seus 7.748'1 km².
Historia
Burgas é a sucesora da cidade grega de Pirgos (Πύργος), fundada por colonos de Apolonia como un posto militar e de observación contra Mesembria, o outro establecemento importante na rexión.Ademais de Pirgos, a cidade actual esténdese sobre a área doutro tres antigos establecementos: Kastiacion, Skafida e Rossokastron. Os primeiros habitantes da cidade eran tracios. Os arqueólogos atoparon máis de 250 obxectos relacionados coa agricultura e a obtención de sal. Son os artefactos máis antigos xamais atopados en toda a costa do mar Negro, ademais de Turquía e o Cáucaso. A 15 km ó suroeste de Burgas está a antiga cidade romana Deultum que fora unha colonia militar. Aquí construíuse un centro clínico preto das moitas augas termais da zona.
Na Idade Media, unha pequena fortaleza chamada Pirgos (sendo Πύργος "torre" en grego) foi erixida no lugar e utilizada moi posiblemente como atalaia. Recentemente no século XVII un establecemento chamado Ahelo-Pirgas creceu na área moderna da cidade. Máis adiante foi renomeado como Bourgas. Tiña soamente uns 3.000 habitantes, a maioría deles gregos no momento da Liberación. A cidade empeza a crecer grazas ó comercio e á exportación de fariña. É no século XVII cando recibe o seu actual nome.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en búlgaro)