CB Granada
Club Baloncesto Granada | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 28 de xuño de 1994 |
Desaparición | 2012 |
Historia | C.A.B. Granada (1994−1996) |
Cores | Granate, verde |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 8 546 |
Inauguración | 1991 |
cbgranada.com |
- Para o actual equipo de baloncesto de Granada, véxase Fundación CB Granada.
O Club Baloncesto Granada, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Granada, Andalucía. Fundado en 1994, foi creado para cubrir a desaparición por problemas económicos do Club Deportivo Oximesa. Partindo da segunda categoría, a Liga EBA e tras comprar a praza do Club Baloncesto Salamanca, o equipo xogou doce temporadas na Liga ACB até a súa desaparición en 2012 debido a problemas institucionais e económicos.
Traxectoria
O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja. Tras participar dous anos na Liga EBA, o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada comprou os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo dese mesmo ano, o club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.
Na temporada 1998−99, o Granada descende á Liga LEB, logrando regresar á máxima categría dúas temporadas despois, na temporada 2000−01. Dúas temporadas despois o club volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003−04 tras só unha tempada na LEB. Despois de sete temporadas consecutivas na ACB, onde non consegue superar o décimo lugar, o equipo desence na temporada 2010−11 á Liga LEB Ouro. Na segunda categoría o club finaliza en último lugar, decendendo á LEB Prata. Tras diversos problemas institucionais e económicos, o club anunciou a liquidación da entidade e a súa desaparición.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- SPAR Granada (1994–1996)
- Covirán Sierra Nevada (1996–1998)
- Covirán Cervezas Alhambra (1998–1999)
Xogadores
Destacados
José Miguel Antúnez
Carlos Cherry
David Doblas
Salva Guardia
Tomás Jofresa
Oriol Junyent
Héctor Manzano
Nacho Ordín
José Antonio Paraíso
César Sanmartín
Nicolás Gianella
Juan Ignacio Jasen
Joe Ingles
Augusto Lima
Rafael Luz
Danya Abrams
Curtis Borchardt
Dan Godfread
Kenny Green
Darvin Ham
Richard Hendrix
Chris McNealy
Richard Scott
John Williams
Giorgos Sigalas
Jón Stefánsson
Andrea Pecile
Vlado Šćepanović
Adestradores
A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Granada.
Antonio Gómez Nieto (1994–1996)
José Alberto Pesquera (1996–1997)
Pedro Martínez (1997–1998)
Antonio Gómez Nieto (1998)
Miguel Ángel Martín (1998–1999)
David Cárdenas (1999)
Iñaki Irirarte (1999–2000)
Kike Gutiérrez (2000)
José Alberto Pesquera (2000)
Antonio Gómez Nieto (2000–2003)
Sergio Valdeolmillos (2003–2008)
Trifón Poch (2008–2011)
Curro Segura (2011–2012)
Miguel Ángel Zapata (2012)
Palmarés
Copa de Andalucía
- Campións (3): 2000, 2004, 2006
- Subcampións (2): 2008, 2009
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994–95 | 2 | EBA | 3º | 23–13 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 1º | 24−6 | ||||||
1996–97 | 1 | ACB | 13º | 14–20 | 3 Copa Korać | DF | 5–3 | |||
1997–98 | 1 | ACB | 16º | 14–25 | ||||||
1998–99 | 1 | ACB | 17º | 8–26 | ||||||
1999–00 | 2 | LEB | 10º | 16–19 | Copa Príncipe | CF | ||||
2000–01 | 2 | LEB | 2º | 26–16 | ||||||
2001–02 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2002–03 | 1 | ACB | 18º | 5–29 | ||||||
2003–04 | 2 | LEB | 2º | 27–17 | ||||||
2004–05 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 13º | 14–20 | Supercopa | 2º | ||||
2006–07 | 1 | ACB | 11º | 15–19 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 11º | 12–20 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 17º | 7–27 | ||||||
2011–12 | 2 | LEB | 18º | 7–27 |