Cabo Frio
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 186.227 (2010) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 400,693 km² ![]() | ||||
Altitude | 4 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1615 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 22 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 3300704 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cabofrio.rj.gov.br ![]() |
Cabo Frio é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada no litoral, a 155 km da cidade do Río de Xaneiro.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/36/PraiaForte-CaboFrio1.jpg/220px-PraiaForte-CaboFrio1.jpg)
Cabo Frio ten como principal actividade económica o turismo polas súas praias de augas quentes. Unha das máis coñecidas é a praia do Forte, urbanizada e próxima ó centro da cidade, que recibe ese nome debido ó Forte de São Matheus, construído polos portugueses en 1620 para protexer a rexión do ataque dos piratas. Pequenos paseos en barco para os turistas, a pesca e os mergullos para coñecer as belezas do seu mar son outros dos seus atractivos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/CaboFrio1.jpg/220px-CaboFrio1.jpg)
O seu comercio atende os seus moradores (máis de 150 mil persoas) e de cidades veciñas (Arraial do Cabo, Búzios, São Pedro da Aldeia) e tamén os turistas. Para estes últimos, destaca o comercio de roupas de baño, fabricadas na rexión por pequenos obradoiros de confeccións familiares. Tamén hai algún comercio de artesanías para os turistas.