Cardiff Rugby
Unión | Welsh Rugby Union | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Blue and blacks | ||
Fundación | 2003; hai 22 anos | ||
Sede | Cardiff, Gales | ||
Estadio(s) | Cardiff Arms Park | ||
Capacidade | 12.125 espectadores | ||
Presidente | Alun Jones | ||
Adestrador | John Mulvihill | ||
Capitán | Ellis Jenkins | ||
Caps | Taufa'ao Filise (255) | ||
Anotador | Ben Blair (1078) | ||
Ensaios | Tom James (60) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 5º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.cardiffrugby.wales/ | |||
O Cardiff Rugby (en galés: Rygbi Caerdydd), até 2021 coñecido como Cardiff Blues (Gleision Caerdydd), é un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Con sede na cidade de Cardiff, a capital de Gales, xoga os seus encontros como local no Cardiff Arms Park, un estadio con capacidade para 12.125 espectadores. Os Cardiff Blues son os responsables do desenvolvemento do rugby na cidade de Cardiff, Bro Morgannwg, Rhondda Cynon Taf, Merthyr Tydfil e o sur de Powys. Hai en total 75 clubs asociados aos Blus neste rexión, incluído aos semiprofesionais Pontypridd RFC e Cardiff RFC da Welsh Premier Division.
Actualmente o equipo compite no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até 2018 tamén disuptaban a Anglo-Welsh Cup, onde se enfrontaban a equipos galeses e ingleses. A nivel europeo, ten participado tanto na European Rugby Champions Cup como na European Rugby Challenge Cup, competición que gañaron en 2010 tras gañar por 28−21 ao Toulon (sendo o primeiro equipo galés en gañar un título europeo) e en 2018, onde venceron na final ao Gloucester por 31-30.
Elenco
Os seguintes son os xogadores do Cardiff para o Pro14 de 2019−20.[1]
Xogadores destacados
British and Irish Lions
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.
- Gethin Jenkins: 2005, 2009
- Tom Shanklin: 2005, 2009
- Martyn Williams: 2005, 2009
- Leigh Halfpenny: 2009, 2013
- Andy Powell: 2009
- Jamie Roberts: 2009, 2013
- Alex Cuthbert: 2013
- Sam Warburton: 2013, 2017
Internacionais
Os seguintes son xogadores dos Blues que foron máis de 20 veces internacionais coas súa seleccións.
- Dan Baugh
- Matt Cockbain
- Bradley Davies
- Ben Evans
- Ed Fairhurst
- Leigh Halfpenny
- Iestyn Harris
- Jonah Lomu
- Pieter Muller
- Dan Parks
- Craig Quinnell
- Jamie Roberts
- Kort Schubert
- Robert Sidoli
- Ceri Sweeney
- Gareth Thomas
- T. Rhys Thomas
- Martyn Williams
- John Yapp
Adestradores
A seguinte é unha lista de todos os adestradores da historia dos Blues.
Nome | Anos |
---|---|
Dai Young | 2003–2011 |
Gareth Baber | 2011–2012 |
Phil Davies | 2012–2014 |
Paul John | 2014 |
Mark Hammett | 2014–2015 |
Paul John | 2015 |
Danny Wilson | 2015–2018 |
John Mulvihill | 2018–presente |
Palmarés
As mellores actuacións do club no campionato ligueiro foron os dous subcampionatos acadados nos anos 2006−07 e 2007−08, por detrás de Ospreys e Leinster respectivamente. Na tempada 2008/09 o club fíxose co título copeiro batendo na final a Gloucester por 50-12. Na tempada 2009−10 chegou o seu primeiro título europeo, cando gañou a Challenge Cup batendo a Toulon por 28-21. A súa segunda Challenge Cup chegou en 2017−18, eta vez após gañar ao Gloucester por 31-30.
- Anglo-Welsh Cup (1): 2008−09
- Challenge Cup (2): 2009−10 (primeiro título continental dun equipo galés), 2017−18.
Galería
-
Rexións galesas de rugby. En azul a zona representada por Cardiff Blues.
-
Interior do Cardiff Arms Park. Detrás del, o Millennium Stadium.
-
Leigh Halfpenny, ex-zagueiro dos Cardiff Blues e da selección galesa.
-
Sam Warburton, excapitán galés e dos Cardiff Blues.
Notas
- ↑ "Senior Squad". Cardiff Blues. Consultado o 14 de novembro de 2019.