Casa da Cultura Salvador de Madariaga
A Casa da Cultura Salvador de Madariaga é unha sala de exposicións e centro cultural da cidade da Coruña. Situada en pleno centro da cidade é sede do Arquivo Municipal, o Servizo Municipal de Educación, unha Biblioteca Municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A xestión correspóndelle ao Palacio de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso.
No edificio atópanse ademais a sede do CGAI[1] e da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[2]
Descrición
O edificio ten un baixo e catro plantas cun patio central cuberto por unha cristaleira. As catro plantas están articuladas a partir deste patio central cunha escaleira que se divide en dous corpos e leva ás outras plantas.
Historia
O edificio foi deseñado en 1925 polo arquitecto Miguel Durán Salgado[3] como Delegación Provincial de Facenda,[4] polo que está inspirado na sede do Ministerio de Facenda de Madrid, de Francesco Sabatini. Durán era fillo de Juan Jacobo Durán Loriga, matemático que dá nome á rúa onde se atopa.[3]
En 1978 instalouse no edificio o arquivo municipal.[4]
Notas
- ↑ CGAI - Centro Galego de Artes da Imaxe
- ↑ Homenaje póstumo de la Academia de Medicina a Camilo Veiras Candal
- ↑ 3,0 3,1 "El legado de Durán Loriga". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Archivo municipal. Sedes.". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xaneiro de 2020.