Parque do Monte de San Pedro

Modelo:Xeografía físicaParque do Monte de San Pedro
Imaxe
Tipoparque Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVisma, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMonte de San Pedro Editar o valor en Wikidata
 43°22′38″N 8°26′10″O / 43.37718, -8.43624
Características
Altitude129 m Editar o valor en Wikidata
Vista da cidade da Coruña dende o Monte de San Pedro.

O parque municipal do Monte de San Pedro comprende unha ampla extensión de territorio, 78 339 m², de accidentada topografía e vistas sobre a cidade da Coruña e unha ampla franxa de beiramar, que abrangue dende o cabo de Santo Hadrián e as illas Sisargas ó oeste, até os cabos Prior e Prioriño ó nordés.

Inaugurouse o 6 de xuño do 1999 trala modificación de uso do terreo no que se atopa. Antes era un espazo militar-defensivo localizado nun punto xeográfico estratéxico, orientado á entrada da ría coruñesa.

Este antigo carácter militar pódese apreciar en restos de construcións que supoñen un grande atractivo, coma refuxios subterráneos, barracóns para a tropa, garitas e, sobre todo, as espectaculares baterías de costa.

No parque tamén se pode atopar un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas, un estanque con parrulos, unha sala na que se exhiben pezas militares e varias zonas de xogos infantís.

Entre os anos 2006 e 2007 engadíronse varias construcións:

  • O elevador panorámico: elevador esférico e acristalado cunha capacidade de 25 viaxeiros. Salva unha altura de 63 m cun percorrido de 100 m, en 3 minutos e 20 segundos.
  • A cafetería-restaurante.
  • O observatorio: un edificio acabado en cúpula semiesférica que serve coma miradoiro.

De especial presenza é o bordo litoral, coas súas características formacións rochosas, flora e fauna. Ladeiras de toxos e uces, de cores amarelos e rosas, nas que se mesturan outras especies vexetais típicas de ambientes costeiros, incluíndo algunhas plantas endémicas que prosperan ante o respecto ó seu hábitat. E sobre elas, multitude de pequenas aves coma papuxas, xílgaros ou liñaceiros que sobrevoan o parque, aportando cor e vida.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas