Castración
A castración é a eliminación das gónadas nos seres humanos, animais ou plantas. O procedemento quirúrgico de extirpar ou inutilizar os testículos no macho denomínase orquiectomía, o dos ovarios na femia chámase ovariectomía. A castración tamén pode conseguírse mediante a administración de hormonas, de produtos químicos ou a través de irradiación con raios röntgen.

Afresco de Giorgio Vasari e Cristofano Gherardi, c. 1560 (Sala di Cosimo I, Palazzo Vecchio)
Castración para fins terapéuticos
- Véxase tamén: orquiectomía e ovariectomía.
A orquiectomía e a ovariectomía son realizadas exclusivamente con fins terapéuticos (eliminación de tumores), ou sempre mediante a expresión dun consentimento informado e cunha sentenza positiva do xuíz[1], tamén pode formar parte do processo de transición de persoas que optan por cambiar o sexo.
Efectos da castración
A eliminación das gónadas implica como primeira consecuencia a imposibilidade de procrear, así como unha serie de cambios físicos e psicolóxicos causados pola alteración do equilibrio hormonal do suxeito a castración (hipogonadismo) con consecuencias relativas).[2]