Cecilia Bartoli
Cecilia Bartoli, nada en Roma o 4 de xuño de 1966,[1] é unha mezzosoprano coloratura italiana cantante de óperas e recitais. Está especializada principalmente en óperas de Mozart e Rossini, se ben tamén cómpre salientar as súas interpretacións de compositores barrocos como Vivaldi ou Händel. O seu amplo rexistro permítelle interpretar papeis tanto de mezzo como de soprano, sendo considerada ás veces como unha soprano cunha tesitura baixa. Ao contrario do que ocorre coa meirande parte dos cantantes de ópera, Bartoli fíxose mundialmente coñecida moi nova, contando con menos de vinte anos.[2] Entre os títulos, están o de Cavalieri de Italia e o de Chevalier des Arts et des Lettres, outorgado polo goberno de Francia. Cecilia Bartoli foi elixida Membro Honorario da Royal Academy of Music de Londres e Accademico Effetivo di Santa Cecilia en Roma.[3]
Repertorio
Personaxe | Título | Compositor |
---|---|---|
Amina | La sonnambula | Bellini |
Norma | Norma | Bellini |
Cerere | Le nozze di Teti e di Peleo | Cavalli |
Giannetta | Le cantatrici villane | Fioravanti |
Clari | Clari | Halévy |
Euridice | L'anima del filosofo | Haydn |
Armida | Armida | Haydn |
Almirena | Rinaldo | Händel |
Cleopatra | Giulio Cesare | Händel |
Semele | Semele | Händel |
Sifare | Mitridate, re di Ponto | Mozart |
Cinna | Lucio Silla | Mozart |
Idamante | Idomeneo | Mozart |
Cherubino, Susanna | Le nozze di Figaro | Mozart |
Elvira | Don Giovanni | Mozart |
Despina, Dorabella, Fiordiligi | Così fan tutte | Mozart |
Sesto | La clemenza di Tito | Mozart |
Nina | Nina, ossia la pazza per amore | Paisiello |
O mestre de música | Manon Lescaut | Puccini |
O pastorciño | Tosca | Puccini |
Lucilla | La scala di seta | Rossini |
Clarice | La pietra del paragone | Rossini |
Fiorilla | Il turco in Italia | Rossini |
Rosina | Il barbiere di Siviglia | Rossini |
Angelina | La Cenerentola | Rossini |
Isolier, Adele | Le comte Ory | Rossini |
Desdemona | Otello | Rossini |
Notas
- ↑ Laura Macy, ed. (2008). The Grove Book of Opera Singers (en inglés). Nova York: Oxford University Press. p. 28. ISBN 978-0-19-533765-5.
- ↑ "Cecilia Bartoli" (en inglés). Triton Digital. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 3 de maio de 2016.
- ↑ "Biography" (en inglés). ceciliabartolionline.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 3 de maio de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio oficial de Cecilia Bartoli Arquivado 23 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés) (en francés) (en alemán)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |