Chaim Weizmann

Chaim Weizmann
Presidente de Israel
Período1 de febreiro de 1949 - 9 de novembro de 1952
SucesorItzhak Ben-Zvi
Datos persoais
Nacemento27 de novembro de 1874
 Motol, Belarús
Falecemento9 de novembro de 1952
 Rehovot
OrganizaciónTzionim Klalim
CónxuxeVera Weizmann
Alma máterPinsk Realschule, Universidade Técnica de Darmstadt, Universidade de Freiburg im Breisgau e Universidade Técnica de Berlín
Profesiónquímico e político
Relixiónxudaísmo
Na rede
WikiTree: Weizman-5 Find a Grave: 9302969 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Chaim Azriel Weizmann (hebreo: חיים עזריאל ויצמן Hayyim Azri'el Vaytsman, ruso: Хаим Вейцман Khaim Veytsman), nado o 27 de novembro de 1874 e finado o 9 de novembro de 1952, foi un líder sionista e home de estado de Israel que exerceu como presidente da Organización Sionista e máis adiante como primeiro presidente de Israel.

Comezou o seu mandato o 16 de febreiro de 1949 e permaneceu no cargo ata a súa morte en 1952. Foi Weizmann quen convenceu ao goberno dos Estados Unidos de América para que recoñeceran o novo Estado de Israel.

Weizmann tamén desenvolveu no campo da bioquímica o proceso da fermentación acetona-butanol-etanol, que produce a acetona a través da fermentación bacteriolóxica. O seu método de produción da acetona foi de grande importancia na produción de propelente do explosivo de cordita para a industria de guerra británica durante a primeira guerra mundial.[1] Fundou o Instituto Weizmann de Ciencias en Rehovot e foi unha das figuras clave na creación da Universidade Hebrea de Xerusalén.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Predecesor:
Cargo inexistente

Presidente de Israel

1948 - 1952
Sucesor:
Itzhak Ben-Zvi

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.