Charb
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Stéphane Jean Abel Michel Charbonnier 21 de agosto de 1967 Conflans-Sainte-Honorine, Francia |
Morte | 7 de xaneiro de 2015 (47 anos) 11º distrito de París, Francia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | cemiterio de Pontoise |
Redactor xefe | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, caricaturista, debuxante de banda deseñada, pintor |
Empregador | Charlie Hebdo (2009–2015) Télérama L'Humanité L'Écho des savanes La Grosse Bertha Fluide Glacial |
Xénero artístico | Caricatura |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Nai | Denise Charbonnier |
Premios | |
|
Stéphane Charbonnier, nado en Conflans-Sainte-Honorine, Yvelines o 21 de agosto de 1967 e finado en París o 7 de xaneiro de 2015, máis coñecido como Charb, foi un debuxante satírico, historietista e xornalista francés. Foi unha das vítimas do atentado que tivo lugar na sede da publicación Charlie Hebdo en xaneiro de 2015.[1]
Biografía
Charb traballou para numerosas publicacións de prensa como Charlie Hebdo, do cal foi director desde maio de 2009 tras a marcha de Philippe Val, L'Écho des savanes, Télérama, Fluide glacial e L'Humanité.[1][2] Os seus debuxos caracterízanse polo seu estilo corrosivo e irreverente. Maurice et Patapon, o can e o gato anticapitalista ou o policía Marcel Keuf son boa mostra diso. Na revista Fluide Glacial asinaba unha sección chamada La fatwa de l'Ayatollah Charb. Entre 2007 e 2008 participou no programa televisivo de M6 T'empêches tout le monde de dormir (Non deixas a ninguén durmir).[2]
Era coñecido polo seu apoio ao Partido Comunista Francés, apoiándoo expresamente tanto nas eleccións europeas de 2009 como nas eleccións rexionais francesas de 2010.[3]
En novembro de 2011, a sede de Charlie Hebdo foi atacada con cócteles molotov, presumiblemente por islamitas radicais. Desde entón Charb e outros dous compañeiros empezaron a ter protección policial.[4] En setembro de 2012, un home foi detido na cidade francesa de La Rochelle por pedir a súa decapitación nunha páxina web de contido yihadista.[5] Perseguido polas súas sátiras e caricaturas, Al Qaeda incluíuno en 2013 na súa lista dos máis buscados.[6]
O 7 de xaneiro de 2015 foi asasinado no atentado que tivo lugar na sede da publicación Charlie Hebdo, onde traballaba.[7]
Crenzas
Ademais de apoiar ao PCF, Charbonnier era un ateo convencido e firme defensor dos valores republicanos.[3] Sempre estaba na vangarda dos enfrontamentos con fundamentalistas tanto musulmáns como cristiáns.[8][9]
Publicacións
- Je suis très tolérant, MC Productions / Charb , 1996
- Maurice et Patapon, tomes I (2005) II (2006), III (2007), IV (2009) éditions Hoebeke
- Attention ça tache, Casterman, 2004
- Charb n'aime pas les gens : chroniques politiques, 1996-2002, éditions Agone, 2002
- Collectif, Mozart qu'on assassine, Albin Michel, 2006, xunto a Catherine Meurisse, Riss, Luz, Tignous e Jul.
- J'aime pas les fumeurs, Hoëbeke, 2007
- J'aime pas la retraite, 2008 (xunto a Patrick Pelloux)
- C'est la Faute à la société, éditions 12 bis, 2008
- Dico Sarko, éditions 12 bis, 2008
- Le Petit Livre rouge de Sarko, éditions 12 bis, 2009
- Eternuer dans le chou-fleur et autres métaphores sexuelles à travers le monde, textos de Antonio Fischetti, éditions Les Échappés, 2009
- Marx, mode d'emploi, éditions La Découverte, 2009 (xunto a Daniel Bensaïd)
- Le Cahier de vacances de Charlie Hebdo, éditions Les Échappés, 2009, xunto a Catherine Meurisse, Riss e Luz.
- Les Fatwas de Charb, éditions Les Échappés, 2009
- C'est pas là qu'on fait caca! Maurice et Patapon pour enfants, éditions Les Échappés, 2010
- Les dictons du jour, agenda 2011, éditions Les Échappés, 2010
- Sarko, le kit de survie, éditions 12 bis, 2010
- Marcel Keuf, le flic, éditions Les Échappés, 2011
- La salle des profs, éditions 12 bis, 2012
- Ilustracios de Petit cours d'autodéfense intellectuelle de Normand Baillargeon, e Petit cours d'autodéfense en économie de Jim Stanford.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Los cuatro caricaturistas que fueron asesinados". Diario Clarin.
- ↑ 2,0 2,1 "Attentat contre Charlie Hebdo : Hasta siempre, Charb". Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Le soutien des intellectuels divise la gauche de la gauche".
- ↑ "Trois «Charlie» sous protection policière". Libération.
- ↑ "Un homme ayant appelé à décapiter le directeur de «Charlie Hebdo» interpellé". 20 minutos (edición francesa).
- ↑ "Charlie Hebdo cartoonist murdered in Paris terrorist attack was on al-Qaeda wanted list". The Telegraph.
- ↑ "07 janvier 2015 12:00; Act: 07.01.2015 18:48 Print Les deux hommes criaient «Allah akbar» en tirant". Le essential.
- ↑ "Stéphane Charbonnier obituary". The Guardian.
- ↑ "Stéphane Charbonnier (“Charb”), cartoonist and editor of Charlie Hebdo, was murdered on January 7th, aged 47". The Economist.