Chile (pemento)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Madame_Jeanette_and_other_chillies.jpg/220px-Madame_Jeanette_and_other_chillies.jpg)
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 166 kJ (40 kcal) |
8.8 g | |
Azucres | 5.3 g |
Fibra alimentaria | 1.5 g |
0.4 g | |
1.9 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 6% 48 μg5% 534 μg |
Vitamina B6 | 39% 0.51 mg |
Vitamina C | 173% 144 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Ferro | 8% 1 mg |
Magnesio | 6% 23 mg |
Potasio | 7% 322 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 88 g |
Capsaicina | 0.01g – 6 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O chile[1][2] (do náhuatl chīlli) é a froita de plantas do xénero Capsicum, membros da familia das solanáceas.[3] As substancias que dan ós chiles o seu intenso sabor cando se consomen son as capsaicinas e outros elementos químicos relacionados, chamados colectivamente capsaicinoides.
O chile é orixinario de México.[4] Despois do intercambio colombiano, espalláronse os cultivos de chile por todo o mundo, e son empregados na gastronomía e na medicina. O chile foi levado até Asia polos navegantes portugueses durante o século XVI.
En todo o mundo, uns 3,8 million hectáreas de terra producen 33 millóns de toneladas de chile (datos de 2010). A India é o meirande produtor, consumidor e exportador mundial de chile.[5] O distrito de Guntur no estado indio de Andhra Pradesh produce o 30% de toda a India.[6] Andhra Pradesh é responsable do 75% das exportacións de chile da India.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chile.
- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Purdue University Department of Horticulture and Landscape Architecture (ed.). "HORT410. Peppers – Notes". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2009.
Common name: pepper. Latin name: Capsicum annuum L. ... Harvested organ: fruit. Fruit varies substantially in shape, pericarp thickness, color and pungency.
- ↑ "Multiple lines of evidence for the origin of domesticated chili pepper, Capsicum annuum, in Mexico". www.pnas.org. Proceedings of the National Academy of Sciences. 4 de decembro de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2016.
- ↑ Agrocrops.com (ed.). "Indian Chilli,Chilli India,Indian Chilli Exporters,Indian Red Dry Chilli". Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Govt. of India Ministry Of Agriculture" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2017.