Filla dun militar de orixe ecuatoriana e dunha violinista de orixe irlandesa. Comezou presentando o programa infantil televisivo, The New Mickey Mouse Club, con Britney Spears e Justin Timberlake, en 1998 interpretou a canción principal do filme de Disney, Mulan e ao ano seguinte gravou o seu primeiro álbum, Christina Aguilera que entrou na lista dos máis vendidos. O seu seguinte álbum, "Stripped", contribuíu á continuación do éxito da cantante, proporcionándolle éxitos coma "Dirrty" ou "Can't Hold Us Down". En 2006 saíu o seu quinto álbum de estudio, "Back To Basics".