A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín) e a materna de Trasmiras (comarca da Limia). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. Desde 1973 estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.
En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room da Universidade Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop e W. H. Auden.[3][4][5]
Obra literaria
Os primeiros poemas publicados de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984)[6] e, dende entón, á parte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da Palabra Silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das Letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do padroado Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.
Chus Pato no Festival de poesía de Antuerpen en 2012.
Características da súa obra
A súa poesía está considerada como unha das máis modernas e persoais da literatura actual. Caracterízase por fuxir de coordenadas xeracionais e lazos compartidos con outros escritores galegos. A súa obra consolidou desde a década dos oitenta unha linguaxe propia, referencias temáticas e estilísticas inconfundibles e un compromiso político da palabra que vai máis alá da obviedade dos versos. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística.[7]
A transgresión na súa poesía[8] supera a convención formal. A súa poética, marcada por un posicionamento crítico co seu tempo, expandiu o horizonte da poesía galega e colocouna na vangarda do pensamento contemporáneo. O seu discurso do múltiple articúlase na multiplicidade de voces e formas. Cuestiona a linguaxe, a percepción, as ficcións históricas e todo o que constitúe esexese, mentres traballa entre o inexistente e o vindeiro. Construíu un ambicioso proxecto poético no que se manifesta un profundo pensamento e reflexión sobre as identidades (individual, de xénero, nacional, histórica) e a escritura.[9]
Poemarios publicados
Urania (1991). Ourense: Calpurnia. 2ª ed., Chan da Pólvora, 2016. 69 páxs. ISBN 978-8494570117.
Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) de Arturo Casas. Tris Tram, 2003.
The EmLit Project: European Minority Literatures In Trasnslation, de Paula Burnett. Brunel University Press, 2004.
Iberia polyglotta de Hans-Ingo Radatz. Aina Torrent-Lenzen (Hrsg). Alex Lenzen, 2006.
Pótwysep w wierszach, Wydawnictwo Ksiazkowe. IBIS, Warszawa, 2006.
New European poets, Wayne Miller e Kevin Prufer. Graywolf Press, 2008.
Poeti spagnoli contemporanei de Emilio Coco. Edizioni dell´Orso, 2008.
20 canadian poets take on the world. Editado e introducido por Priscila Uppal. Exile Editions, 2009.
To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry. Editoras Mary O´Donell e Manuela Palacios. Salmon Poetry, 2010.
I sit like a garbage god (Het feminisme in 14 gedichten). Edición e selección de Daniela Seel. BOZAR, Paleis Voor Schone Kunsten, 2014.
Veus paralleles 12: De Fisterra al cap de Creus. Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
Punto de Ebullición. Antología de la poesía contemporánea en gallego. Edición de Miriam Reyes. Fondo de Cultura Económica, 2015.
ArtiCHOKE # 6, setember 10 th. Berlín, 2016.
Six Galician Poets. Edición de Manuela Palacios, tradución Keith Payne. Arc Publications, 2016.
Stimmen der erde sechs dichterrinnen aus galicien = Voces da terra, seis poetas galegas. Jenior, 2022.
Poetry´s Geographies. A Trasatlantic Antohology of Translations, edited by Katherine M. Hedeen & Zoë Skoulding. Shearsman Books, 2022.
En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...
Musicacións
Poemas seus foron musicados por artistas como Nación Reixa ("Historias posibles/imposibles", no disco Safari Mental), Ataque Escampe ("Mira", no disco Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos), Uxía Senlle, aparecendo este último tema na curtametraxe O Prezo da dote, do leonés Chus Domínguez, curtametraxe preseleccionada para os Óscar de 2005, e Fera y las disidentes.
↑ 1,01,1Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. ISBN 9788494600586